Entramos na estatística
Día 15 de agosto. Cinco da tarde, unhas horas despois de que Touriño, en comparecencia pública, dera por rematada a vaga de incendios forestais deste 2006. Nese momento, cando desde os respectivos cuarteis se afiaban os coitelos para utilizar en clave política este desastre, empezaba a arder en Oza, a miña parroquia, que ata este momento se salvara do lume.
En definitiva, este é o vídeo que querería non ter feito.
En definitiva, este é o vídeo que querería non ter feito.
Comentario:
Gústame esa "fusión" do lume cos políticos, supoño que non será casual.Dá gusto ver o lume quentando as orellas do Rajoy e ver como se funde nas chamas (polo menos a min)
Comentario:
Unha verdadeira mágoa. Ogallá nos poidamos esquecer desto axiña, aínda que non será sinxelo.
Comentario:
Impresionante.
Comentario:
Xa te digo, o mesmiño nos pasou a nós moi cerquiña da casa, pero por suerte o deron apagado rápidamente.