Outono
Aínda que non foi tan maligno como se presumía, o furacanciño que nos visitou esta semana trouxo algunhas consecuencias. Unha delas, de natureza digamos psicolóxica, foi activar o chip do cambio estacional e poñernos alma de outono. Será por iso que, despois de revisar un vídeo que editara en agosto no que recollía unha viaxe turística polas terras de Teo [aquí o podes ver], sentín certa necesidade de contrapesalo cunhas imaxes do outono que se instalou na miña aldea [se che apetece velo, fai clic].
Comentario:
Tes toda a razón, xa nos podemos esquecer da roupa de verán