Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Pedro e a viña
O viño é cousa seria. Unha proba: abre o Refraneiro galego (Xesús Taboada Chivite) e verás como a palabra viño conta con 264 entradas; ben máis de unha por páxina, por certo.
Chega xaneiro e, polo menos en Cachóns, é tempo de andar na viña. Hai que ir cortar os vimbios, amañalos, podar, retirar as vidras e atar. Son tarefas que non supoñen grande esforzo físico, anque cansan, de maneira que quen se pon a elas ten todas as papeletas para acabar morto de frío.
O sábado pasado fixo un día morniño que non parecía de xaneiro. Pedro aproveitouno para podar e atar un anaco de viña alta de detrás da casa. A min tocoume facer de pinche e cargar as vidras para levalas á leira. Na radio (meu pai sempre a leva prendida) falaban de Capello e da crise do Madrid...

 
Comentario:
Bueno, bueno...tela co video. Xente con esa arte non poderá facer mal viño xamais. Espero que aprenderas algo e senón xa sabes, sesión de video.
Saúde e bon viño.
 
Comentario:
Fai tempo que non vía atar una viña, pois a miña aldea non é terra de viño.
Nótase a paciencia dos anos e a destreza nas mans de teu pai.Ten moito mérito recoller e divulgar as tarefas do campo, así nunca se perderán. Estupenda reportaxe.
 
Comentario:
Pois non parece tan sinxelo esto da poda,pero vaia dominio da muñeca de Pedro,cortar,enrollar,bueno,e se o ve Almodóvar e a academia" xa pasaría a ter un Goya"" encantame a súa cara tan concentrado no seu traballo artesanal(moi bonito fondo musical)
 
Comentario:
Non o xures, Xosé que nós acabamos de vir de podar e o que fixemos foi un estropicio. Esperemos que non morra.
 
Comentario:
Grazas polos vosos comentarios. O vídeo confirma, creo eu, que o choio de podar e atar a viña ten a súa arte.
 
Comentario:
Preciosa canción de D. Ibrahim y Dña. Omara.
 
Comentario:
Vendo este vídeo, o teu pai dános un curso acelerado de poda e gratis.
 
Comentario:
Cando viña Pedro a podala viña, un verme veu a verme, unha pola entrou pola porta e Xosé filmaba un fermoso video. Parabens.
No