Máscaras en Oza
Había ansia de festa en Oza, así que onte celebramos o entroido. Mellor dito, onte foi o día das máscaras, que é como nós lle chamamos.
Contarei rapidiño como celebramos as máscaras. Fórmase unha comitiva que percorre toda a parroquia durante un día enteiro, deténdose a cada tanto para facer a correspondente performance.
Á cabeza do grupo marcha un fato de xinetes luxosamente ataviados; a eles tócalles o labor de ir anunciando a festa, dar as vivas e, xa ao remate do día, protagonizar os atranques (desafíos).
Detrás dos cabaleiros (e tamén, xa desde hai uns anos, das amazonas) veñen os grupos de disfrazados e todos os tranganillos que a xente fabrica con esmero para que luzan ese día.
Gravei parte do show e subino á rede en dous arquivos. Se queres velos, sírvete ti mesmo/a:
-Máscaras de Oza (parte 1)
-Máscaras de Oza (parte 2)

Comentario:
Aínda así, ides adiantados.
Comentario:
Preciosos vídeos. A miña sobriña dixo: "Ponos outra vez que me gustan moito". Así tres veces...
Comentario:
É unha máoa que teña eu unha conexión á interrede tan mala que non podo ver os vídeos que sobes.
Teño gañas de ver o do verbo xido, o dos pendellos e as máscaras de Oza.
Graciñas por estas marabillas.