A herbeira de Paredes
Onte fixo un día xeitoso para andar. Despois desta tempada de choiva e máis choiva, agradécese moito un día no que poder aparcar o paraugas e gozar dun raioliño de sol.
Levaba días pensando en ir a Paredes, unha aldea pegada á miña. Alí temos unha leira, unha herbeira pequena que me trae lembranzas moi específicas da infancia. Alí gravei as imaxes coas que fixen este vídeo, no que, por certo, fago o meu debú como locutor.

Comentario:
Dá gusto ver correr a auga. O río Tella ten o encanto dos regatos pequenos que animan a pasear ó pé deles e disfrutar do seu entorno natural. Un bo traballo. Anímate a facer máis.
Por certo, ter perdido algunha película da primeira a cambio de xogar xunto ao río(ademais de axudar),seguro que valeu a pena...
Por certo, ter perdido algunha película da primeira a cambio de xogar xunto ao río(ademais de axudar),seguro que valeu a pena...
Comentario:
O momento ou os motivos, non importan. Para aprender a amar nunca é tarde.
Comentario:
Fermosa paisaxe, pero ó último invitado: Para amar a paisaxe da infancia ninguén agarda a que llo lembren nun vídeo.
Comentario:
Noraboa polo teu debú como locutor! Con vídeos coma este fas que moitos de nós rememoremos a infancia e as nosas raíces e aprendamos a valorar de verdade todo o que temos máis cerca. Mimar e coidar a paisaxe que nos veu medrar, é tan reconfortante...
Un traballo excelente: imaxes entrañables de viva natureza; voz tenra, agarimosa e serena... Música de añoranza?
Un traballo excelente: imaxes entrañables de viva natureza; voz tenra, agarimosa e serena... Música de añoranza?
Comentario:
Grazas por todos os vosos comentarios. A ver se convenzo a meu pai para ir un día ver os restos doutros muíños da zona, incluído o que el usou durante máis de 30 anos. Creo que será un vídeo bonito.
Comentario:
Gustoume moito iso de "o río da miña vida". Tamén me gustou ver a miña aldea desde tan lonxe, desde un país onde a xente, o igual que ti, ama a natureza. Fermoso vídeo.
Comentario:
me encanta tu voz
Comentario:
Que non sexa o último, que a min encántame escoitarte...