Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Visita ao Pedroso
Xoves, 8 de marzo. Xa facía quince días que colgara na porta do frigorífico a nota coa cita co dentista. É unha cita que me asusta, por moito que sexa unha revisión e por moito que as técnicas que se empregan hoxe na profesión estean a anos luz das de tempos non tan alonxados. Quedo libre ás once e media da mañá e aproveito o tempo que falta para o xantar para facer un percorrido ata o Pedroso, un bo sitio para ver a cidade. Está unha mañá soleada, a temperatura é boa e a Nikon ten ansia por traballar.
Este é o Pedroso, uns meses despois da traxedia do lume.

 
Comentario:
Pois sí,como di Lluís Lach, todo é posible hoxe. Se TODOS o desexamos e AXUDAMOS, podémolo conseguir. Aínda mantemos a esperanza de recuperar a cor VERDE de tódolos montes que foron arrasados polo lume e permanecen en agonía. Oxalá que dentro duns anos poidas gravar e amosarnos imaxes ben distitas.
Un bo traballo: soubeches captar e refexar a tristeza e, ó mesmo tempo, enviar unha mensaxe de alento de cara ó futuro.
 
Comentario:
Alégrame que escolleras velo desde o lado da esperanza, esa herbiña que vai agromando pouco a pouco, o verde impoñéndose ao gris. A vida, en definitiva. Todo é posible hoxe, e mañá, e pasado....¡que así sexa!. Fermoso.
 
Comentario:
A min este vídeo púxome melancólica, enseña perfectamente como quedou todo, tanta desolación, tanta tristeza. Ata a música é acertada. Espero que vexan moitos este vídeo para que non se lles esqueza tan fácilmente, pois moitos o que fan é mirar para outra parte e facer coma se nunca pasara.
 
Comentario:
Sempre me gustou o Pedroso, non so polas fermosas vistas a Compostela, senon porque en sí ten algo máxico. O parque que fixeron alí tampouco está mal, aínda que deberían darlle un pouco de "vidilla" e aproveitamento organizando máis actividades. Unha pena o dos tolos fillos de puta que queimaron a nosa terriña. Unha vez máis, nunca máis. Bo traballo.
No