Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Vótame. Son coma ti.
Os que xa temos uns aniños fomos asistindo a moitos cambios diso que podemos chamar “o perfil do político”. Aqueles personaxes hieráticos doutro tempo foron mutando en seres suaves e cheos de matices, de xeito que o político actual preséntase ante o público como unha persoa normal, ben sexa en versión de amante esposo/pai que vai ao híper coa prole os sábados pola tarde, ben sexa como lector de best-sellers ou, que sei eu, como hincha -moderado- do equipo de turno. En definitiva, é obrigatorio dar unha imaxe distendida e, se pode ser, cun puntito. Non sei se ti o ves así.
En fin, este rollo introdutorio leva unha frecha na punta. A diana: esta moda dos políticos galegos de utilizar internet, e os blogs en concreto, como un elemento máis de campaña, algo que senta bastante mal, polo que vou vendo, entre a fauna que habita a blogosfera, palabra pedante-pedante-pedante que me encanta. Como sabes, anúnciase a bombo e platillo o blog de Anxo Quintana. Non é que o caso me interesara moito de entrada, pero a curiosidade levoume ata alí e púxenme a ler. Non coñezo ao autor e non lin a fondo os artigos que leva publicados, que non son moitos, pero xa me dá para ir vendo de que vai o asunto: un home que pasa algunha que outra noite nun piso en Madrid (de aluguer) e aproveita para ir ao cine, coma ti e coma min (bueno, eu vou pouco), que asiste a exposicións de arte gai (que será iso, meu deus?), que defende a pesca tradicional da lamprea segundo métodos milenarios, que simpatiza cos nenos que van de excursión, que defende a feminización da política, que é madrugador, que-que-que-que…
Todo isto adobado cunha escritura fresca, non demasiado coidada e mesmo con reiteradas patadiñas ortográficas, supoñamos que non intencionadas, o que axuda a que o personaxe sexa percibido desde a súa cercanía, vulnerabilidade e humanidade.
O grande Fragasaurio, aí onde o tés, foi un precursor deste concepto-conceto: Galego coma ti, creo que se dicía, moi á galega, en miles de carteis electorais de hai anos baixo a foto do vilalbés universal. E, xa postos, para cando un blog do propio Fraga? Non o vexo difícil, só ten que poñer a pel de año e ir debullando o seu día a día tal que así: "Hoxe erguinme pensando nos galegos da diáspora, sen medicinas e sen pensión pero coa súa capacidade de depositar (he, he, he) o voto completamente intacta, e sentín renovadas a ilusión e a obriga de exercer a miña responsabilidade como presidente unha lexislatura máis ( e bla bla bla bla)." O falar non ten cancelas, arredemo que non.
No