Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Vacacións
Hoxe empecei as miñas vacacións de Semana Santa; así de previsibles somos os curritos, non si? O primeiro que fixen, despois de darlle unha pasadiña á limpeza doméstica, foi poñerme ao día cos vídeos que tiña pendentes.
O primeiro deles graveino o domingo pola tarde. Está filmado no formato panorámico (16:9), polo que desta volta non o subín ao todopoderoso YouTube, que se obstina en pasalo ao 4:3. Pois vale, hai que buscar alternativas. Buscando-buscando pola rede, dei con Stage 6, un servizo de aloxamento de vídeos que promete máis calidade que YouTube ou Google Video. A cambio, precisa que instales un plugin Divx (sen problema, só hai que aceptar o que aparece na pantalla) e máis ancho de banda. Se tes paciencia, verás os resultados e poderás opinar, cousa que che agradecerei.

Esta é a ligazón á miña conta de Stage 6.

O segundo vídeo, que si está no YouTube, é un agradecemento a María, unha moza que me axudou estes días a realizar unhas melloras no equipamento informático do meu centro de traballo.



PD. Debín tocar mal algunha tecla e eliminei o post no que presentaba o vídeo coa segunda remesa de fotografías que Alex Ghalpon fixo polo casco antigo de Pontevedra. Aquí está de novo.
 
Comentario:
María está graciosísima con iso de que cantaban en Inglés, é que eu antes non o podía oir.
 
Comentario:
Os vídeos preciosos, como todos os que fas, o malo foi o tempo que me levou para ver o do paseo, que o final pagou a pena! María sae como realmente é, unha rapaza feliz e que intenta axudar a todos.
 
Comentario:
Queda a tranquilidade de saber que hai cousas que non cambiarán,como é o sorriso de María,ou a axuda da natureza en cada día que vivimos,o seu olor,os seus sons,o seu cor,non o podo esplicar,só o podo disfrutar! ainda sin entender de formatos!
Felices vacacións
 
Comentario:
Querida parroquia: agradezo moito os vosos comentarios.
Estou con Brais no tema do formato ancho (16:9). Por iso busquei alternativas ao YouTube, pero é ben certo que se trata dun servizo que consume moito ancho de banda. Teño a opción de Google Video, que si permite subir en 16:9.
A María direille que a "miña" María e eu estamos á súa disposición para auxiliala nas cuestións informáticas que estean ao noso alcance.
A "misteriosa" invitada queda convidada a gozar das instalacións que estivemos acondicionando estes días. Seguro que tanto ela como os nosos PGS van quedar gratamente sorprendidos.
Unha aperta vacacional.
 
Comentario:
Xa eran horas de que te decidiras a coller as vacacións! Un pouco máis e xa non quedan. Claro que, traballar contando cunha colaboradora de luxo coma María, é máis levadeiro, non si?
María...María: sempre con cara de felicidade. Os que te coñecemos sabemos ben que a túa expresión dulce e sonriente é espontánea e sincera. Este vídeo-homenaxe telo moi merecido.
Por certo, vaia paseo primaveral! Esa si que é unha visita turística de verdade. Entre natureza, sen ruídos, sen coches, sen présas... Todo invita á calma: as imaxes, a música delicada. Todo é beleza: a auga rorrendo, ata as ortigas semellan fermosas. Está claro que non é necesario ir moi lonxe da casa para disfrutar dun bo paseo, sobre todo, se vas tan ben acompañado.
 
Comentario:
Acabo de ver o vídeo subido a Stage 6. Fabulosa calidade na forma e no fondo. Unha vez máis, xenial. Unha vez máis, noraboa. :)
 
Comentario:
Estupendo vídeo, non sei se pedirlle á túa axudante que me veña axudar a min tamén, que ás veces non me entero de nada. Ademais de ser unha boa axuda sempre sería un pracer poder disfrutar da súa risa contaxiosa.
Saudiños
 
Comentario:
Olvidávaseme comentar unha cousa moi a ter en conta. O feito de poder manter o formato 16:9, para mín é impagable. Non hai cousa que máis odie que os cadros amputados, por obra e gracia dunha tecnoloxía deficiente. ¿Non vos pon mal ter que ver na tele "películas recortadas"? E se a esto lle sumas o frecuente atentado cara o cine que se perpetra a cotío en España, de nome doblaxe, entón xa, "apaga y vámanos", neste caso nunca mellor dito.
 
Comentario:
¡Peazo de axudante que te ca que tiveches a sorte de contar! Noraboa á aludida. Con respecto ó Stage6, a calidade é estupenda pero os vídeos tardan unha eternidade en cargar á hora de visionalos. Eu xa o probei e rexeiteino por esta razón. ¿Que opinades? Ó mellor é simplemente o meu ordenador-conexión que van moi lentos.
No