Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
O Agro dos Muíños
Dá moita mágoa ver como vai o río Tella ao seu paso por Oza. Custa crer a meu pai cando afirma que bebía tranquilamente das súas augas cando era novo. O líquido que carrexa agora é unha sustancia abafante que non invita precisamente a achegarse a ela.
O vídeo que che presento hoxe recolle imaxes gravadas o sábado pasado pola tarde mentras paseaba con meu pai polo Agro dos Muíños. Brillante panorama: o río, contaminado; os muíños, arruinados; o persoal, resignado.

 
Comentario:
Moitas grazas polos vosos comentarios. Non son moi optimista, pero aínda así espero que entre todos vaiamos tomando conciencia de que conservar o noso patrimonio e o noso contorno é moito máis que unha cuestión estética. A ver se o vemos antes de que sexa tarde.
 
Comentario:
A contaminación, a ruina, a resignación,supoño que xa forman parte da idiosincrasia galega, mal que nos pese... xa o dicía Castelao, o galego antes de protestar emigra... ou mira para outro lado, que ven sendo outra maneira de emigración. Gústame Nik Cave.
Saúdos
 
Comentario:
A contaminación, a ruina, a resignación,supoño que xa forman parte da idiosincrasia galega, mal que nos pese... xa o dicía Castelao, o galego antes de protestar emigra... ou mira para outro lado, que ven sendo outra maneira de emigración. Gústame Nik Cave.
Saúdos
 
Comentario:
É un documental de alerta, de denuncia que evidencia a triste realidade da contaminación dos canles fluviais. Sorprende que un río tan pequeno en tan curo percorrido vaia tan luxado. E por suposto apena ver o abandono do patrimonio dos muíños.
Ánimo Xosé. Este é un grauciño de area nese labor de concienciación necesario, previo aos remedios que cómpren para preservar a limpeza e calidade das augas.
Un saúdo.
Manuel Busto
 
Comentario:
Unha mágoa. Semella que moitas cousas xamáis volverán a ser o que foron e que a situación non fai senón empeorar.
 
Comentario:
Pois si que é o mesmo río. Dá peniña velo... e ulilo.
 
Comentario:
Pero este é o mesmo río Tella que xa coñeciamos? Pois non o parece. A verdade é que as imaxes sonche ben tristeiras. E menos mal que nós non podemos percibir o olor...
A banda sonora: un toque de humanidade, que boa falta lle fai!
Oxalá que moita máis xente se sensibilizase ante tales paisaxes.
No