Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Fosa séptica
Despois de días enfrascado en chorradas, aproveitei esta fin de semana para dar un paseo polos meus dominios e gravar, imaxino que en rigurosa primicia, imaxes dun enxeño que está instalado ao carón dun regueiro.

 
Comentario:
En Codeseda entran as pás mecánicas para o mes...ampliar e facer pistas da parcelaria de oito metros... reclamamos de vosté un recorrido armado de botas e cámara e sensibilidade... Gozará duns camiños por derradeira vez... e nós poderemos recordalos no dalledalle. Il será posible?
 
Comentario:
Hahaha... Non o tiña pensado, pero pode ser algunha obra dese estilo, si. Fareille o oportuno seguimento
 
Comentario:
outra ciudade da cultura???
 
Comentario:
Agora xa podo ver estes vídeos tan ben feitos e co esa música.
Estás facendo un bo traballo.
 
Comentario:
Ui, un H, iso non é nada... Imaxina que eu dicía "fosa aséptica" ata que o vin aquí escrito...
 
Comentario:
Grazas polos vosos comentarios.
A Brais: si que mete medo a actuación de certos poderes públicos que teñen por norma a utilización das excavadoras como ritual propiciatorio electoral.
A María: A ver se o encerro forzoso che dá o resultado que buscas; se non é así, haberá que celebralo igualmente. Xa che contarei das chorradas (máis ben miserias) que me mantiveron ocupado estes días.
Ao "invitado": o que leva dentro o "enxeño" son algo así como unhas bolas de plástico estriadas, imaxino que deseñadas así para recoller lixo. Agora mesmo están cheas de teas de araña, que atoparon un filón con esa obra "faraónica" teense.
Á "invitada": espero o mesmo ca ti; a ver se me dou contaxiado do teu optimismo. E non se me preocupe vostede pola falta de ortografía, que ben pouca cousa é...
 
Comentario:
Harmonía é con "H". Un despiste. Ou ao mellor zampeina ca merenda... Pido disculpas.
 
Comentario:
Cantas flores e florciñas!!! Grazas por amosárnolas e por recordarnos o fácil que é disfrutar desas "pequeniñas cousas". Fermoso.
Por outra parte, os seres humanos, tamén chamados "racionais"..., somos os únicos que temos a ousadía de ir estragando a natureza deste xeito; aquela que nos dá a vida. Que mágoa e que falta de sensibilidade!
Pero eu quero ser optimista, sobre todo, nestes días... Imos pensar que, cada vez, somos máis os que disfrutamos coidando do noso entorno.
Encántame a música porque reflexa serenidade e armonía. Saúdos.
 
Comentario:
Qué narices ten dentro?
 
Comentario:
quería dicir "si podería pasar", non "se"... ó mellor preciso un descansiño...
 
Comentario:
Os outros "tis" non sei, pero este "ti" se podería pasar moito tempo disfrutando de las "florecillas del campo", lástima que neste momento estea de encerro forzoso. Malia a fosa séptica o teu vídeo transmite paz, algo que sempre se agradece. Alégrame que remataras esas "chorradas" nas que andabas e esteas de volta.
 
Comentario:
¡Isto é para flipar! A verdade é que o cachibache en cuestión mete medo e o estropicio causado máis aínda. A certas institución dalles igual o que se leven por diante. É unha mágoa. E por encima, sen funcionar, tócate os...
No