A Pena das Paleiras
A Pena das Paleiras está en Santalla de Oscos (Asturias). O esforzo e o humor dunhas cantas persoas fixeron posible que este lugar fose acondicionado para albergar o "santuario" da Nosa Señora da Pena das Paleiras, que ata ten a súa romaría e todo.
O sábado 23 de xuño fixen unha viaxe ata alí, na grata compañía dun fato de silledenses. Polo camiño fixemos parada no Museo Comarcal de Fonsagrada. De todas as nosas andanzas podes ver un resumo no vídeo que che adxunto. Tamén te informo de que, de non haber novedá, volveremos á Pena das Paleiras para a romaría do 14 de xullo.

Comentario:
Fuíste á festa este 14 de Xullo?
Comentario:
Adeus
Comentario:
Moi pero que moi interesante :)
Comentario:
Así me gusta, de romeiro e en tan boa compañía. Pois si que son simpáticos os teus amigos silledenses, si. E tamén moi aplicados; que ben estudaban alí sentados naqueles pupitres, recordando vellos tempos, escolas aquelas!...
O ano pasado estiven en Santalla de Oscos, precioso lugar, pero non coñecía este singular santuario. E digo eu, xa que ti fuches alá, seguro que te acordaches de pedir un pouco por todos, a que si?
Saúdos e que pasedes unhas moi boas vacacións de verán todos/as os que vos asomades por aquí.

Fantástico o chiste, fantástico que inda quede xente que crea nos "milaghros". Fantástico o sentido do humor... e por certo, traerías auga, non?
Unha aperta de romeira:-)
Unha aperta de romeira:-)