As Insuas de Gres
As Insuas están no medio e medio do río Ulla ao seu paso por Gres (Vila de Cruces) e San Salvador de Ledesma (Boqueixón).
Comentario:
A este video segundo lle entre atopolle misterios ocultos(a fada do fado demoslle porta)serán as serendipias das que fala Iker Jiménez...todo un pracer.
Comentario:
Facédelle caso a Isabel, se non llo fixestes xa, e animádevos a visitar as Insuas. Paga moito a pena dar unha voltiña por alí.
Comentario:
Sen dúbida, As Illas de Gres, teñen un encanto especial que cautiva a quen alí se acerca. Na miña opinión (e na de moita máis xente), constitúen un dos enclaves naturais máis fermosos e interesantes da comarca. Para quen non coñeza este bucólico lugar e se anime a visitalo un día, que saiba que, seguramente, xa non poderá deixar de pasar por alí, polo menos unha vez ao ano, para poder disfrutar da súa inmaculada beleza paisaxística mentras cruza o río polos "pasos" de pedra ou pasais e vai dunha insua a outra. Unha auténtica xoia para gozar cos cinco sentidos!
Preciosa reportaxe, con música entrañable e moi vivas imaxes. Un saúdo.
Preciosa reportaxe, con música entrañable e moi vivas imaxes. Un saúdo.
Comentario:
Encántame escoitarte, aínda que só sexa un pouquirrichiño. Moi bo o de camiñar polas pedras.
Comentario:
Non coñecía eu este sitio. Terei que visitar estas insuas un día, a verdade e que o teu vídeo invita a achegarse ata alí. :)