Repolo de Cachóns
O sábado pasado foi o día escollido para recoller as patacas. Iso foi pola mañá, e pola tarde, aínda coa terra húmida, rematamos a faena poñendo o repolo. Déixoche a reportaxe do evento, en rigurosísima exclusiva.
PD/ Fixen unha proba con este mesmo vídeo e envieino a Stage6, un portal de aloxamento que dá moita máis calidade que YouTube; iso si, a cambio de requerir unha boa conexión a internet e unha sobredose de paciencia. Podes velo nesta ligazón e comparar. Para velo mellor recomendo que, unha vez que cargue, fagas clic co botón dereito e selecciones Windowed Mode. Verás que, nese mesmo menú, aparece unha opción que se bota en falta no YouTube: a de gardar o vídeo. En Stage6 só hai que clicar en Save Video as... para telo no teu ordenador coa calidade orixinal. Desde logo, se fas a proba comprobarás que a calidade de Stage6 é impresionante.

Comentario:
Respóndovos, amables comentaristas:
-LucÃa: o que leva meu pai ao lombo é unha "sulfatadora" con motor, nin máis nin menos.
-Brais: As patacas foron boas, foi un ano extraordinario para elas. Para miña nai é a maior felicidade que lle depara a súa dedicación á agricultura, pois non sei se haberá no mundo persoa que tanto goce coas pataquiñas. Este fillo non saÃu tan pataqueiro.
-Invitada misteriosa: O Stage6 ten unha opción bastante interesante, que é a de descargar o vÃdeo e gardalo coa mesma calidade coa que foi subido. Fixen algunha proba e descarga a gran velocidade, polo menos coa conexión que teño eu (R a seis meguiñas). Grazas polo da paciencia, pero dame no nariz que ti tes aÃnda máis...

Si que hai unha gran diferencia ó ver o vídeo no Stage6; aínda que tarda bastante en cargar, vale a pena.
Moi enxeñoso o sistema de rega que utilizades para darlle de beber aos repolos, xa poden medrar!
Entre este vídeo e outros, podemos adiviñar de onde lle vén a calma e paciencia a Falabarato, quizais de súa nai?

Esas cousiñas, cánto traballo dan e qué ricas están despois. Eso sí, hai que dicir que, polo que se ve, vos contades con bos medios técnicos, o que sin duda facilita a tarefa. Pois iso, a ver se salen boas patacas e este outono trae un repolo xeitoso. :)
Comentario:
Tes que preguntarlle ao teu pai, que é ese dispositivo que levaba ás costas que parecía unha sulfatadora e que facía moito ruído. Iso nunca o vin.