Os Castros de Toiriz
Silleda é un concello rico en restos castrexos.
Hai dous días carguei as cámaras e fun conquistar o que coñecemos por Monte dos Castros, situado entre o lugar de Toiriz e a vila de Silleda. A tarde estaba soleada, mesmo parecía o agosto no que estabamos, e eu tiven a oportunidade de gozar completamente a solas da visita. Por certo, esta visita foi posible grazas ás tarefas de recuperación e acondicionamento que veñen levando a cabo o grupo de voluntarios que forma o Colectivo pola recuperación do Castro de Toiriz.

Comentario:
Pero que chulo, non? En plano supercurto está ben Galicia, e en plano superxeral tamén. Haberá que evitar os planos medios, entón. Bicos
Comentario:
Alegrámonos de que, por fin, conseguiras facer esta reportaxe con tranquilidade e con sol. O contorno recuperado dos castros e unha magnífica canción; con estes ingredientes, a receita non podía fallar. O Colectivo de voluntarios ben merece esta homenaxe. E o Carballo da Pena (xunto cos outros), tamén.
Comentario:
Que bonito, tráeme recordos da nenez que xoguei moitas veces alí. Terei que volver un día destes...
Comentario:
Moitas grazas polo teu comentario, Brais. Infórmote, porque imaxino que andarás por UK, que aquí o vran está chegando nestes últimos días.
Comentario:
Outro dos abundantes fermosos sitios da nosa fermosa Galicia, cargada de tesouros en cada recuncho. A existencia de colectivos coma o Colectivo pola recuperación do Castro de Toiriz, valga a redundancia, ten moitísimo mérito nos días que corren. Grazas por facer posible este soleado vídeo. E por certo, para o meu gusto, moi boa elección musical.