Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Aytolacoruna
Aytolacoruna é un palabro que condensa admirablemente unha declaración de principios que as institucións municipais d'A Coruña proxectan ao mundo desde o mesmo enunciado da súa páxina web. En fin, este asunto da hostilidade d'A Coruña oficial e de certos sectores da súa cidadanía cara o galego xa é tan vello coma andar a pé e non me vou parar nel agora.
Hoxe, ben o sabes, é o Día das Letras Galegas e chovisca aos anacos, unha combinación que de seguro vai dar lugar a grandes frases tópicas no universo RTVG. Este ano homenaxéase a Lorenzo Varela, que non é moi popular que digamos. É máis, creo que para a maioría da xente é un perfecto descoñecido. De feito, non hai moitos días estiven a buscar textos e imaxes del para elaborar un pequeno documento divulgativo e costoume atopar cousa ningunha. Estes últimos días parece que cambiou o vento e xa se atopan materiais na rede. Mira ti por donde, o azar da navegación levoume á web do concello da cidade herculina, na que ninguén é forasteiro (como me gustan estas ranciadas!), e alí atopo unha guía de lectura de Lorenzo Varela elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudios Locales, outra entidade cuxa denominación está atravesada de hiperlocalismo. A guía preséntase nun PDF de 52 páxinas e 4 megas (un peso un pouquiño excesivo) e contén, ademais da consabida reseña biográfica, a catalogación das obras de Lorenzo Varela, tanto das que son da súa autoría como dos traballos que se ocupan da súa figura. Mesmo atoparás a referencia dunha gravación sonora de Lorenzo Varela exercendo de recitador de Lorca.
Que queres que che diga? A min gustoume, descarguei os catro meguiñas, boteille un ollo ao documento e gardeino.
No