Pexegos
O domingo celebrouse o San Miguel na miña parroquia. Pola tarde fixen o percorrido habitual pola horta e impactoume a imaxe da inmensa cantidade de pexegos tirados polo chan, nesa fase na que avanzan aceleradamente da madurez a podremia. Aínda comín ben deles, coa avidez de quen quere atrapar un momento único.
Comentario:
Se agora fixeras a enquisa do video que máis nos gustou (xa foi no seu momento por suposto) este sería un dos meus elexidos. Se din que a beleza "é un acordo entre o contido e a forma" eso é o que a min me resultou; a música axuda a súa beleza, a música sempre axuda!
Comentario:
Moitas moitas moitas grazas polos vosos comentarios. Hai moita xenerosidade neles.
Comentario:
Un "bel canto" para enxalzar estas marabillas do outono. Xenial!!!
Comentario:
Se comprásedes unhas ovellas, non te podes imaxinar o que lles gustan. Non deixarían nin un.
Comentario:
Sabiamos que Rossini era un excepcional cociñeiro, de feito inventou unha receita de canelóns. Pero esta relación de Bellini cos pexegos resulta moito máis conmovedora. Anímoo a que siga por esa liña. Aínda que vostede non precisa de ideas, deixarei caer que estamos en época de vendima, e compositores beodos houbo uns cantos (por non falar de músicos de banda).
Comentario:
¡Ai eses pexeguiños! Ouro das pónlas espallados polo chan. Eche unha variade ben rica, si señor. Fermosísimo vídeo, moi bo ritmo. Novamente, noraboa.