Vacinación
Paga a pena vacinarse para facerlle fronte á ameaza da gripe? Non che sei dicir, pero en Cachóns téñeno moi claro.
Comentario:
Toc, toc, hai alguén na casa?
Comentario:
meu benquerido home obxecto: ¿Qué tal? hai tempo xa que non falamos e vótaseche de menos na túa faceta blogueira. espero que as polémicas pacegas vaian ben e non nos priven da túa inspiración. un bico dende a ribeira sacra.
Comentario:
Se che digo a verdade, non quería pór "a moza de ..., queria pór "a futura moza de ...", pero non me deixaba pór máis de 25 carácteres, en fin, que eu lle botei o ollo agora que quedou solteiriño pero aínda non o pillei. É que teño moita imaxinación.
Comentario:
Moi pensativo non estou, tampouco especialmente ocupado. Debe ser a falta de inspiración.
Hoxe, de todas formas, cando percorría a miña Oza baixo uns indescriptibles alumeados navideños tiven a certeza de que ese período de sequía está a piques de rematar.
Por certo, como levas o de ser a moza de Marichalar?

Estás pensativo esta tempada ou que pasa? Botámosche de menos...
Comentario:
Vacuna?xiringa?....
Canto máis lonxe mellor..
Canto máis lonxe mellor..
Comentario:
Grazas, coma sempre, polos vosos comentarios, nenas e nenos.
O de matar ardillas, que é asunto no que reparastes, ben sabedes que hai que entendelo no seu contexto, no que pesan, e non pouco, estes dous factores: O feito de que estes animaliños coman cousas que tamén come a xente (castañas, neste caso)e o notable incremento poboacional que experimentaron nos últimos tempos.
A gata non ten nome, Brais, pero ela non parece disgustada por non telo. Alí onde anda meu pai vai ela...
O da vendima non vai ser desta volta,pois xa lle pasou a vez. Xa me gustaría ter estado alí, pero cadroume nuns días de moito traballo fóra da casa.
Estou de acordo, por suposto, en que no vídeo hai ternura. Esa é a razón fundamental pola que encendo a cámara.
Unha aperta.

Moita tenrura hai neste vídeo: a conversa pausada, o xogueteo coa gata, as notas do piano...,todo é tenrura.
A diferencia de valores, si; isto recórdame a miña nai cando se enfadaba cos paxaros porque lle viñan comer os figos ou as brevas. Supoño que, cada un, defende o seu, non?
Vacinación? Eu, como non o teño nada claro, prefiro seguir tomando un par de kiwis cada mañá, como medida preventiva.

Entrañable vídeo, estou de acordo coa túa nai sobre o de vacinarse...Tamén propoño un sobre a vendima.
Comentario:
Encantador Satie, pero queda pendente o vídeo da vendima e dos músicos beodos.
Comentario:
Bonito video.
Resultoume entrañable o choque de valores entre: "Un animal tan bonito / Había que matalas a todas". Moi galego.

Un dos meus temas de piano favoritos. Permíteme un par de preguntas: ¿que é iso de matar as ardillas? e ¿cómo se chama a gata? É preciosa.