Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Again
Toca volver, despois dunha boa tempada no dique seco. Non quero dicir que non fixera ningún vídeo neste tempo, senón que ningún dos que fixen acabou na rede. Ademais, veño de sufrir un terrible abandono: a miña actriz fetiche -miña nai- descubriu que a xente da parroquia a ve nos meus vídeos e tomou a firme decisión de non volver saír neles. "Polos de fóra non importa, pero non quero que me vexa a xente da parroquia facendo os chourizos".
Ou sexa, que teño que empezar unha nova etapa. Mentras tanto, déixoche unhas estampas de Teo en plena campaña de Nadal. Os veciños están polo labor de adornar os seus lares con motivos navideños; e a donde non chegan os veciños faino o concello, que nos obsequia con renos, trineos e estreliñas luminosas. Canta felicidade!

 
Comentario:
Para ser un concello cun nome tan curto, con só tres letras, tedes de todo... Noite de estrelas: que bonito e canto glamour...
Entendo que a túa actriz favorita queira tomarse un merecido descansiño pero confío en que ti saibas convencela para que volva colaborar no futuro, se non os seguidores desta bitácora ímola botar moito de menos.
Apertas e Bo Nadal a todos!
 
Comentario:
Alédame saber que estás de volta e tan en forma coma sempre. Unha mágoa a perda dunha actriz de tal calibre interpretativo. Propoño que para buscarlle unha sustituta fagas un casting na parroquia. Seguro que por aquelo do orgullo se presenta tamén túa nai, jejeje. Unha aperta e Bo Nadal para todos.
 
Comentario:
Comprendo á túa nai. O mesmo me pasa a min con familiares. Menos mal que o Leo non protesta.
Un saúdo.
 
Comentario:
Dille á túa nai que non sexa boba, que os da parroquía o único que poden terlle é envexa.
 
Comentario:
Hasme pasar o enderezo do Motel ese, cantas tribulacións non tería penado! Moito fuch, fuch para o ano novo, con independencia da orientación.
No