Spot do entroido 2008
Aínda estamos en plena apoteose de turróns e demais excesos navideños e xa hai xente pensando na cachucha, nas filloas e nas orellas. O entroido 2008 xa está aí, e non é coña!
No vídeo que colgo hoxe podes ver a Uxío, un esforzado -e improvisado- poeta traballando na tarefa de fraguar os atranques, uns dos elementos que máis caracterizan a celebración do entroido de Oza.
No vídeo que colgo hoxe podes ver a Uxío, un esforzado -e improvisado- poeta traballando na tarefa de fraguar os atranques, uns dos elementos que máis caracterizan a celebración do entroido de Oza.
Comentario:
Estades moi divertidos, eu por pequenos problemas no ordenador non vos puiden ver e escoitar ata hoxe, e sodes a monda. P D: No único que vos parecedes é no sorriso.
Comentario:
Que animados estades en Oza e vaia par de poetas! Se seguides ensaiando así, o espectáculo vai resultar ben xeitoso. Que sí, que viva o bo humor e que vos dure máis alá do entroido!
Unha preguntiña: e que pensades facer cos Magos de Oriente? -adoitaban pasar entre os turróns e as filloas- ou é que os mandastes de ponte? Vanvos traer carbón...
Unha preguntiña: e que pensades facer cos Magos de Oriente? -adoitaban pasar entre os turróns e as filloas- ou é que os mandastes de ponte? Vanvos traer carbón...
Comentario:
Grazas, xente boa da internete. Vide o 27 a Oza e veredes como funciona o cotarro que se está montando.
Saúdos e bo ano.
Saúdos e bo ano.
Comentario:
Uxío, e logo coas picantes non podes ir abrindo paladar?
Comentario:
É xenial,un bo rato acabo de pasar,jeje, viva! Ainda que algúns non vaiamos e con boa pena quedamos, esperamos ver aquí a festa. Feliz nadal, bo entroido, viva!!!!
Comentario:
Soan moi ben eses versos e a festa promete. Unha mágoa que non estarei por estas terras, encantaríame ir.