Tortilla de pascua
Na miña casa mantense viva a tradición de celebrar o día da pascua cun recital de tortillas. E que dure...
Para demostralo, o vídeo do making-off que aquí che deixo.
Para demostralo, o vídeo do making-off que aquí che deixo.
Comentario:
Con tal de non lle facer gasto ao bo do Armando xa non sabedes que tradición inventar.
Comentario:
Ola:miña nai tamén as facia así e tiña unha fonte igualiña pra viralas,que sorte a tua poder disfrutala e que dure...de postre a de pan ¡ pero con viño e azucre ! eu comia a rosca dos padriños que xa traia sorpresas.
Saúdos e non tardes.
Saúdos e non tardes.
Comentario:
Ummmmm...que ricas!!! Haberá comida máis sabrosa que unha boa tortilla? E canta variedade! É a miña comida preferida e agora que estaba a punto de preparar o xantar, danme ganas de cambiar o menú. Sen dúbida, é unha singular tradición a vosa de Cachóns, eu nunca oíra falar dela noutras zonas. O vídeo quedouche de película, paso a paso, con comentarios e con paciencia. Teño entendido que as tortillas na vitro non saen tan ben... nin punto de comparación, non hai nada como o tradicional.
Un bo aplauso para a simpática cociñeira e un oscar como actriz.
Unha aperta de Pascua a todos.
Un bo aplauso para a simpática cociñeira e un oscar como actriz.
Unha aperta de Pascua a todos.
Comentario:
Moitas grazas a todos/as en nome da cociñeira. A ela dáballe rabia que se vira a cociña vella, agora que ten vitro e todo na nova, pero creo que era o marco máis axeitado para elaborar comida tan farturenta (podo dar fe). Saúdos.
Comentario:
Xosé pregúntalle aos teus pais se me adoptan, que me encanta a tortilla. Dislle que xa estou criada, son moi boa, e como pouco. Total, unha boca máis non se nota...
Agora en serio, moi bo vídeo, e túa nai ten unha man coas tortillas.
Agora en serio, moi bo vídeo, e túa nai ten unha man coas tortillas.
Comentario:
Precioso!!!!, encantoume, un documental magnífico e distinto, as tortillas de pascua, por certo hoxe na facultade vou dicir
"Os lunes de pascua non ta a luna ben pa mallalo millo", que teño clase!!!!!!
un saúdo e parabéns
"Os lunes de pascua non ta a luna ben pa mallalo millo", que teño clase!!!!!!
un saúdo e parabéns
Comentario:
Excelente curta documental gastronómica. ¡E vaia pinta que teñen esas tortillas! Polo que vexo a actriz fetiche tamén é boa cociñeira. Parabéns para os dous.