Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
www.ofalabarato.com
A idea de rexistrar o dominio falabarato xa a tivera algunha que outra vez, pero nunca dera o paso. Pois xa foi: accedín a dynahosting, paguei os meus 16 eurazos e xa teño o dominio. Un caprichiño deses que un debe permitirse de cando en vez.
Unha das consecuencias que se derivan deste rexistro é que a partir de agora podes acceder a este blog tecleando www.ofalabarato.com. Tamén podes, por suposto, seguir accedendo co enderezo antigo. Se queres mandar algún correo, podes dirixilo a este enderezo: xose@ofalabarato.com.
Tamén aproveitei para repasar as ligazóns do blog e facer algunhas modificacións.
Déixoche un vídeo, como de costume. Subino a dous portais, para que poidas comparar calidades, velocidades, etc. Aclaro que é o mesmo vídeo.

Daylimotion:

Ghallumbos
Cargado por ocense


YouTube:
 
Comentario:
É certo que, moitas veces, as cousas que non se planifican son as que mellor saen.
Eu tamén penso que o vídeo se ve con máis nitidez no Dailymotion, vas ter que cambiar de portal.
 
Comentario:
No meu ordenador vese moito mellor e sen cortes o Daylimotion.
 
Comentario:
Qué ben o pasades ...
 
Comentario:
Ola:abofé,a vida traiche sorpresiñas non planificadas.Un video moi afable e pracenteiro en todos os sentidos,felicitacións.
Vaites ,vaites o fin vaise vestir de Super-Home....Teño pola casa unha capa de Caperuchiña,ca que terá o éxito asegurado.(A imaxinacion xa me está a traballar).Abur
No