Un biscoito para o San Pedro
Hoxe celebra meu pai o seu santo, así que miña nai aproveitou a tarde de onte para facerlle un biscoitiño para a ocasión, que ben merecido o ten. Mentres se cocía o biscoito aproveitamos para atender un pouco a horta, que está nun momento no que require moitos coidados.
Se o queres ver en YouTube, vai aquí.
Se o queres ver en YouTube, vai aquí.
Comentario:
Ese video é unha obra maestra. Esa sacha abrindo o rego na horta para que pase a auga... ése ángulo, ésa perspectiva no enfoque da escea, ése homenaxe a os teus pais... Ésa música de fondo escollidísima. Parabens para ti, queda patente a túa nobreza. En canto a denuncia do ADSL...´
¡¡éses que teñen que subministrar os servizos e non o fan son sixelamente uns "haches de pé" E quen lle permite a explotación do servizo alí onde somentes é rentable (o estado) outro tanto do mesmo.
Parabens
¡¡éses que teñen que subministrar os servizos e non o fan son sixelamente uns "haches de pé" E quen lle permite a explotación do servizo alí onde somentes é rentable (o estado) outro tanto do mesmo.
Parabens
Comentario:
o biscoito ten moi boa pinta... e teu pai é un home afortunado. Felicidades para el. Ti non debes queixarte pois a túa onomástica é tan célebre ou máis ca de teu pai e o feito de que consegas que alguén che faga un biscoito coma ese é cuestión de poñerlle un pouco de empeño...¡adsl, xa! máis que nada para que a túa nai poida verse. un bico dende a ribeira sacra.
Comentario:
Biscoito con chocolate, cariño e santa paciencia, teu pai pode estar ben contento. E ti, non te queixes tanto, que seguro que polo teu santo tamén tiveches algún biscoitiño...
Exquisita música!
Ah, e que vos poñan o ADSL, xa!!
Exquisita música!
Ah, e que vos poñan o ADSL, xa!!
Comentario:
Fermoso, sobre todo por a quen vai dedicado, xq cando se dedica é xq se admira e paréceme ben bonito!
E fermoso me parece ver como a auga vai seguindo o camiño ainda con atrancos" sen ningún medo, tal como vai xurdindo... cómo lle van marcando... pero sempre en movemento, libre de tódolos medos.
E fermoso me parece ver como a auga vai seguindo o camiño ainda con atrancos" sen ningún medo, tal como vai xurdindo... cómo lle van marcando... pero sempre en movemento, libre de tódolos medos.
Comentario:
Parabéns para teu pai de parte dun tocaio.
Comentario:
Ser o fillo do Sr.Pedro e poder comer un anaquiño dese biscoito "sabrosón" feito por tua nai,e queixas!!!.
Xosé é un nome moi fermoso...ti pide.
Parabéns, foi un delicioso pracer.
Xosé é un nome moi fermoso...ti pide.
Parabéns, foi un delicioso pracer.
Comentario:
Vexo que te estás afecionando os post gastronómicos, jejeje. Ese biscoito ten unha pintaza criminal, a verdade é que neste caso a mín tamén me gustaría chamarme Pedro. Moi bo vídeo. Parabens para ti e felicidades a teu pai.
Unha aperta dende Bristol.
Unha aperta dende Bristol.