Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Atraco dixital
En decembro do ano pasado fixéronnos, así como quen non quere a cousa, a falcatruada de modificar as tarifas polas que se rexía o tristemente famoso canon dixital. Iso si, tiveron a precaución de pospoñer a súa aplicación ata este mes de xuño.
O impacto nos prezos de certos artigos é brutal, como ben comprobei estes días ao ir facer unhas compras para equipar o meu lugar de traballo. Cabreoume bastante o tema (un pouco tarde, ben o sei), e dese cabreo sae este vídeo.


Canon dixital
Cargado por xdafonte


Se queres, tamén no YouTube [aquí]
 
Comentario:
Moitas grazas polas vosas palabriñas. Mañá tócame volver facer compra de material informático para o traballo. Cruzarei o Deza, pois creo que por terras lalinenses aínda se pode vivir sen abonar canon.
Apertas.
 
Comentario:
Si, o mundo é redondo... Pero só para algúns, e sempre para os mesmos, parece ser.
O vídeo si que che saiu redondo.
 
Comentario:
Digo o mesmo que o anterior, gustoume volver verche e escoitarche. O vídeo, marabilloso.
 
Comentario:
Ola: que gusto verte, ainda que sexa cabreado.Levas toda razón,este mundo redondo e azul ten máis pinchos que un ourizo.
Xenial vídeo,xenial e sabio Victor Manuel-Soy un corazón tendido al sol(un exemplo).
Unha aperta forte.
No