Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Toda a carne no asador


Todo mundo está de acordo en que as eleccións do 19-X han marcar, pase o que pase, un antes e un despois na vida política galega. Os candidatos sábeno e ben que se esmeran en facer chegar a súa mensaxe a todos os recunchos do país de NUNCA-MÁIS e mesmo de "allende los mares". A cousa non acaba aí, pois hai quen, como o virrei Baltar, lle transmite á súa masa de incondicionais a máxima de que os votos hai que gañalos ou, se é preciso, roubalos. Con isto xa queda todo dito.
A foto que poño hoxe exemplifica á perfección ese espíritu de brega para captar como sexa o interese do electorado e, claro está, a súa papeleta. En Cacheiras (Teo, territorio do doutor Armando Blanco) un cartel coa foto de Fraga saúda aos/ás viandantes a pé de estrada pedindo o voto para o PP. Bueno, a pé de estrada e a pé de puticlú, pois o póster está colocadiño xusto na entrada da Whisquería Wanderloff e da Sala Samay, que ocupan, como se aprecia na foto, edificios contiguos. Hei preguntar a quen saiba se neses locais de esparcimento se celebra algún mitin ou acto semellante que xustifique a presenza do cartel ou se se trata dun arrebato espontáneo de adhesión á causa fraguista. Se me entero de algo dareiche cumprida conta.
No