Feísmo

Dirás ti que esta foto non ten nada de particular e non che faltará razón, pois xa estamos afeitos a que algúns políticos manifesten esa querencia a exhibir a súa imaxe nos contedores do lixo. Ben pensado, creo que acertan de cheo. Digo máis: deberían dar os seus mitins e conceder as súas entrevistas subidos a un contedor fedorento. Polo menos terían garantido o efecto mediático.
A verdadeira razón pola que colgo esta foto é que a casa que se ve de fondo é a miña (bueno, máis exactamente a de meus pais). Estamos en Oza, no concello de Teo, un dos feudos máis sinalados do feísmo urbanístico. Pois iso, de feísmo en feísmo e tiro porque me toca (que xa eran horas).
Comentario:
Velaquí tendes unha completa galería do feísmo en Galicia. http://www.feismo.tk/
Comentario:
quedareime ca foto para saber cal é a casa e ...
Comentario:
Hoxe en El País Manuel Rivas di que o Feísmo é a última vangarda artística que Fraga propiciou. Velaí na foto a corrente e o autor. Moi axeitada
Comentario:
A foto xa de por si é fea, pero é certo que en Galicia é onde o cemento se mestura co mal gusto dun xeito inseparable...
En Euzkadi non verás xamáis un pedazo de uralita (por certo, vaska ela)
Aquí o permisibismo e a cultura do "cazo" fai que a nosa cultura arquitectónica vaia ao carallo.
En Euzkadi non verás xamáis un pedazo de uralita (por certo, vaska ela)
Aquí o permisibismo e a cultura do "cazo" fai que a nosa cultura arquitectónica vaia ao carallo.