Inxustiza reparada

Levo unha temporadiña cunha foto miña e de miña nai e xa van sendo horas de incorporar a meu pai, o outro responsable de que eu ande por aquí.
Aproveito para animarte a que dixitalices o teu album de fotos. Imaxina que che entran os ratos no caixón no que gardas, como se foran tesouros, esas fotografías que por nada quererías perder... Para previr os efectos de desastres deste tipo só fan falta un escáner e un pouco de paciencia; a cambio vas ter unha copia de seguridade das túas fotos que podes gardar nun CD para pasarllas á familia, imprimilas cando queiras ou, como fixen eu agora, subilas a internet. Paga a pena.
Remato con algo de información técnica. Esta foto que estás a ver foi escaneada no seu momento a alta resolución (400 ppp) a fin de poder utilizala para calquera traballo. Loxicamente, para colocala en internet tiven que reducirlle calidade para que fose manexable, é dicir, que non tarde eternamente en cargarse. Utilicei para iso o Photoshop, todo un clásico do retoque fotográfico. No menú IMAGEN dese programa hai unha opción chamada TAMAÑO DE IMAGEN que permite modificar os valores de ancho, longo e resolución. Despois do proceso de reducción, a imaxe ocupaba 40 veces menos espazo en disco que antes. É importante almacenar a imaxe resultante cun nome diferente do da orixinal, para evitar que a sobreescriba.
Saúdos.
Comentario:
Hoooooola!eu tamen teño curiosidade por saber e ver que pasa incorporando este saúdo,son as cousas de ser novatos,que hasta esto fai ilusión!hoxe en dia creo que a comunicación esta cerca e lexos o mesmo tempo,por suposto esto sempre esta ben,mais saudos.
Comentario:
Hola!!!!
Xa sabes que non son experta en ordenadores,pero gardei as fotos no diquette.Cómo... pois:o abrir non se vian encima nos iconos "mama..."
e "papá..."pulsei o botón dereito ABRIR CON:ELEGIR PROGRAMA e escollín o IMAGING e gardeinos poñendolles nome mirei se vianse as fotos entón eliminei o de internet.E as fotos vense moi ben...

Paréceme moi ben que te acordes tamén do teu pai, os dous son moi importantes na vida dunha persoa, aínda que as veces pensen de distinta maneira á nosa. Pase o que pase sempre están aí para o que necesitemos.
¡Ah! case me esquezo, a túa idea de dixitalizar as fotos é moi boa, pero moi laboriosa, creo.
¡Ah! case me esquezo, a túa idea de dixitalizar as fotos é moi boa, pero moi laboriosa, creo.