Os outros
Estaban apostados na Praza de San Pedro mentres agonizaba o Papa Wojtyla. Lembrarás as imaxes televisivas: miles de persoas con rostros apesadumbrados que prendían cirios e velas ao tempo que rezaban e rezaban e rezaban. No momento da morte do pontífice polaco aquelas expresións de dor perderon toda contención e deron momentos mediáticos de grande intensidade que, non ía ser menos, foron carne de retransmisión televisiva en todo o mundo mundial. Durante días fixeron cola para poder ter un achegamento fugaz ao Papa falecido. Despois veu o cónclave e a elección do novo xefe da igrexa e alí estaban outra vez, abrazándose, axitando as bandeiriñas, chorando de alegría.
Saltamos un pouco no tempo. Hai uns días tivo lugar un acto extravagante no que unha lexión de políticos, deportistas de elite e, sobre todo, gangsters acordaban a designación de Londres como cidade olímpica para o ano 2012. Conectaban as televisións coa capital británica e alí estaban outra vez, en pleno Trafalgar Square, axitando bandeiras, saltando, cantando, abrazándose... É de imaxinar que estes días, cando toque escenificar a catarse post-terrorista en Londres, volvan a ocupar as rúas con xesto apesadumbrado pero firme, tal e como require o guión. Porque esa é outra: cada vez que se produce un atentado eles aparecen por millares, saídos non se sabe de donde e dispostos a canalizar a dor colectiva provistos de miles de veliñas acesas, coas mans pintadas de branco ou vaia vostede saber como... Iso si, dous días máis tarde despregaranse para concelebrar o ascenso do seu equipo, a victoria dun líder político ou, e ninguén parece sorprenderse por isto, para extasiarse ante o feito aparentemente banal de que un reloxio dunha praza marque as 12 horas na noite do 31 de decembro. E volta a empezar.
Todas estas apoteosis do colectivo resúltanme fascinantes e inquietantes a un tempo. A súa métrica é tan precisa como a dos movementos das mareas ou das estrelas. Pero as estrelas son estrelas e nós estamos a falar, cando menos en teoría, de fenómenos protagonizados por persoas. En fin, terasme que axudar a darlle resposta a moitas cuestións que non consigo resolver.
Velaí só algunhas, que non é plan de que te canses en vacacións:
Existen esas persoas ou son unha representación dixital? Son sempre as mesmas, é dicir, constitúen un corpo específico? A que dedican, como diría JL Perales, o tempo libre, isto é, que fan cando non actúan nos grandes actos deseñados para pastorearnos?

Comentario:
recomendoche unha lectura para este verán: "Onde está Wally?"