Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
A viva imaxe da felicidade

Comecei este blog coa única intención de marcarlle unha pauta aos meus "informáticos" de Silleda para que eles foran elaborando o seu. Sen embargo, a medida que vou incorporando novos contidos doume conta de que esta experiencia é máis interesante do que pensaba, tanto polas posibilidades didácticas que lle estou a descubrir como (aquí teño que poñer cara de sorpreeeeesa) porque hai xente que non só consulta o blog senón que se toma a molestia de enviar comentarios.
Esta parrafada é en realidade un pretexto para darlles as grazas ás comentaristas do meu blog. Elas asinan os seus textos cos nomes de Mónica e Marta e espero seguir contando coa súa amable colaboración.
Ben, cambio de tercio. Non me negaredes que a foto que ilustra este artigo é a viva imaxe da felicidade. Ese día, o 6 de abril de 2003, a felicidade pasou por Riazor e deixou estas mostras de amor á bandeira, ás cores e ao equipo. Agora que as cousas non pintan tan ben para o deportivismo é o momento de animar a tan grandes forofos como os que saen na foto. Aínda vou ir un paso máis alá e déixovos un enlace ao blog de Iván, que el mesmo titula, para que non haxa dúbidas, Diario de un deportivista.
Remato con algo de traballo. Estes días empezamos a ver o retoque de imaxes en Photoshop. Para hoxe imos partir da imaxe que tedes na pantalla e facer unhas cantas transformacións (convertir a escala de grises, modificar tamaño, recortar...), catro cousiñas que espero que vos resulten entretidas.
Saúdos.
 
 
Comentario:
¡Que duda cabe! Esta iniciativa paréceme moi positiva e vaian por diante os meus parabens.Sen dúbida é unha experiencia innovadora e didáctica (xa que aparecen as cores azul e branca deportivistas que representan o orgullo da nosa terra, moi lonxe dos "lúgubres" azul e grana culés).
Por outra banda, resulta moi interesante esta páxina como medio de expresión de inquietudes, opinións e ideas que xurden da nobre terra do Deza e enriquecen o noso patrimonio cultural.
No