Poeta ti
A condición de poeta -vaia maneira de empezar, non si?- pode render grandes beneficios en determinadas circunstancias. Ti podes ter estudado unha carreira de non-sei-que e investir os teus cartiños nun pisiño e nunhas accións de Iberia que che garantan o futuro, vale, vale, pero colle uns folios cos teus poemas, deixa caer con soltura -iso si, sempre nos círculos axeitados- sinais inequívocos da túa vocación poética e verás como cotizas á alza. Hai que botarlle cara, claro, e axustar as doses de pedantería para non cargarse o invento de boas a primeiras, pero iso xa forma parte das habilidades sociais que todos temos que ir cultivando ao longo da vida.
Que por que me dá hoxe pola exaltación da vida do poeta? Moi sinxelo, porque acabo de ver na rede a solución a un problema de base que tiña a miña argumentación, a saber: para facerte pasar por poeta terás que ter algo escrito, digo eu. É certo que sempre che quedaba o recurso ibérico de apropiarte de obras doutra xente e tirar-pa-diante, procurando non recurrir a iconos de todos coñecidos que te delatasen (Con diez cañones por banda, Me gusta cuando callas porque estás como ausente, Nesta longa noite de pedra...), pero nesa artimaña había un grave risco de metedura de pata cósmica. A solución chegou da man dos aduaneiros sem fronteiras, que veñen de presentar no seu blog un Gerador automático de poesía galega. A criatura é marabillosa: ti fas clic e de inmediato aparece en pantalla unha poesía en galego que xa é túa. Fas clic de novo e levas outra, e outra, e outra...
Mira ata que punto a iniciativa tivo boa acollida que La Voz de Galicia lle dedicou un artigo de benvida. Pois iso, poeta ti: xa non hai excusas.

Comentario:
Abre as portas un novo portal que ten como obxetivo que os escritores en galego podan expoñer a súa obra. Invitovos a que entredes e lle votedes unha ollada. Non ten ningún tipo de interese económico, nace co interese de aportar un pequeno gran de area á cultura galega.
Acaba de empezar por eso esta falto de contados. Se laguen esta interesado en entrar que se poñan en contacto coa seguinte dirección: administracion@poesiagalega.com

Un grande invento. Seguro que é unha mutación do programa que usan para elaborar os prospectos das medicinas, que sempre son iguais.
Comentario:
Totalmente de acordo. Imaxino que os aduaneirossemfronteiras, que é xente lista, tamén o están e por iso crearon o xerador. Digo eu.
Comentario:
iso non é nada novo. Non che parece que moita poesía galega está feita cun xerador automático? ou metendo palabras nun saco e deixándoas caer ao chou?