Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Ardor patriótico
Sigo a voltas co álbum de familia. Primeiro foron os papás e agora tócalle a Uxío, meu irmán. Del escollín este momento militar da xura de bandeira, que era unha cousa moi seria moi seria moi seria.
O acto tivo lugar na Coruña e alí nos plantamos todos os da casa para compartir o momento. Fíxate como estaba montada a cousa que mesmo a min, que ben sabido é que nunca me tirou o mundo militar, se me poñía a carne de galiña ante tanta solemnidade, tanta marcialidade, tanto desfile e tanta música.
Hai que ver con que velocidade pasa o tempo!
 
Comentario:
Que ben se pasa lendo esta páxina
sobre todo dende o cursiño de xade
pero seguro que estamos mellor ca ti que estarás impartindo clases de fol, je, je, je,
 
Comentario:
O carácter e firmeza que demostra o rapaz faime sentir seguro e disipa os meus medos ante eventuales ataques contra os intereses do meu país xa que él e outros coma él velan por min e os meus.
 
Comentario:
¡¡¡Que home !!! nasío pa matar, mesmamente... Eso si que eran soldados e non esas mingurrias dos americanos. Parece que me treman as pernas vendo esa seguridade e decisión cando se aproxima ao símbolo pátrio.
No