Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Alén, rock desde Belesar


Alén é un grupo de rock que nace dunha boa conexión entre Chantada e Rodeiro. Alén tamén é un grupo no que teño un amiguete, e ese amiguete está traballando duro para sacar un disco. O disco, por certo, está gravado nuns estudios no Carballiño. Noutras palabras: Made in Galicia total, a ver se imos aprendendo a valorar e promocionar o noso (aí che queda a miña encíclica de hoxe).
Agora que chegaches ata aquí non te vaias sen ir á súa páxina de descarga e baixar a canción coa que nos agasallan. Leva algo de tempo a baixada polo tamaño do arquivo (4,5 meguiñas), pero para algo temos a banda ancha. Digo eu.
Bueno, xa me dirás.
 
Comentario:
Moitas gracias pola promoción e por todo o traballo que estás facendo para con Alén. Como digo sempre, Alén somos tod@s, e con xente coma ti todo resulta (dentro do complicadísimo que xa é de por sí mesmo este mundillo cada día máis revirado) moito máis sinxelo.
Estou totalmente dacordo en que hai que promociona-lo rock estatal, e sobre todo o noso rock. Para algúns, catro rapaces pasando o tempo facendo ruído e incordiando (dende aquí aproveito para agradece-la infinita paciencia dos habitantes de Santa Baia, concello de Rodeiro, por aguantarnos semana tras semana). Para outros, a mellor forma de pasa-lo tempo e expresarse de cara ós demais. De invertir cartos, tempo e esforzo. E coma Alén, un millar de grupos máis que merecen todo o noso respeto, apoio e promoción.
Musix is freedom...
Saúdos.
No