Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Volta ás raíces
Esta é a adega dunha casa do Val do Ulla e aí, ben acomodado entre dous bocois dun medio (3 moios), descansa o pipotinho. Pouco a pouco, el ben o sabe, terá que ir volvendo ao anonimato e empezar a súa vida activa.
Esta foto lémbrame que dentro duns días empezará meu pai a preparar todo para a vendima. Outro ano máis traballará arreo e eu seguirei pensando que xa ten mérito que un home que non proba o viño poña tanto de si mesmo para facelo. E ninguén lle colgará unha medalla Castelao.
 
Comentario:
Que pasada o pipotinho xD!!! Esta foto é boísima ;-D!
 
Comentario:
Moitas grazas, Acedre. Quitáchesmo da boca.
 
Comentario:
Non lle gusta o vinho e vendima ?.
Non merecia unha medalla senon un carro delas. Que a vendima venha boa como foi na zona do Condado.
No