Habemus billa

Dixéstelo varios e varias de vós: un pipo sen billa non é pipo nin é nada.

Xa metidos en obras, por que non unha billa que lle dea saída USB frontal a Pipotinho? Meu dito, meu feito: cóllese un anaco de madeira, quítaselle o que sobra ata que teña forma de billa (pedímoslle prestada esta trencha ao vello Buonarroti) e acóplaselle un cable prolongador USB normal e corrente.
Comentario:
Unha auténtica obra mestra. Deberiades de patentala, en serio. Calquera dia un pringado cóllevos a idea, vai ao CGAC e gaña unha pasta.
Comentario:
ben, moi ben. E sacándolle utilidade, felicitacións
Comentario:
A billa bota bits pero non bota viño. Unha mágoa. Non perdas de fixarte no "soporte" sobre o que se asenta Pipotinho: un auténtico "ule" estampado. Todos os detalles, como ben ves, están coidados ao milímetro.
Comentario:
Pois si que gaña Pipo con billa! pero esa cunca de viño tan tintorro non sairía por esa billa, non?