Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Casorios
Xa instalados na polémica suscitada pola regulación legal do matrimonio homosexual, creo que convén visitar este post do blo do Regueifeiro.
Aquí avánzoche unha foto, correspondente a unha manifestación do chamado Foro da Familia.
E agora un detalle para alimentar a nostalxia, cando menos a miña. O pucho que leva o señor que está en primeiro plano lémbrame aqueles que regalaron por arrobas cando Juan Pablo II visitou Santiago. A xente acumulaba cantos podía e tal foi así que, durante varios anos, iamos todos á leira cos dichosos puchos nos que se podía ler aquelo de Totus Tuos.
 
No