Alén, Simplemente
Hai uns días faleiche de Alén e da súa loita por abrir un furadiño niso que pedantemente se chama o "panorama musical". Pois algo xa furaron estes catro mozos e resulta que estes días estrean disco, un CD con catro temas e un vídeo co meikinof da gravación. Vale que son amiguetes deste blogueiro, vale, pero creo que a esta xente paga a pena escoitala. Escoitala e vela, porque Alén está preparando a conciencia o seu directo. O xornal La Coz de Galicia de hoxe, na súa edición do Lemos, dedícalles un artigo no que dá conta, entre outras moitas cousas, das actuacións en vivo que ten previstas o grupo, que de momento son catro: Chantada, Rodeiro, Melide e Jaca.
A imaxe que che poño (en rigurosísima primicia, todo hai que dicilo) é a portada do seu album de debut. Alén, Simplemente.
Comentario: