A hora da vinganza
Uns docentes sen alma rexentan un ciberchiringuito no que se despachan a gusto coas meteduras de pata da chavalada. A verdade é que o fan con humor e, como diría o famoso xoieiro, sen acritude. Con esa mesma falta de acritude imos tentar equilibrar a balanza traendo aquí unha anécdota sabrosona protagonizada por un profe. Imos alá.
Un profesor de francés vese, por razón do seu cargo como xefe de seminario, na tesitura de ter que presentar a programación anual da súa área. Un auténtico tocho, señoras e señores. O primeiro movemento que fai é impecábel: busca axuda e localiza a un colega que lle pasa un documento de Word correspondente á mesma programación doutro instituto. Agora só me queda retocar, pensa para si o noso heroe, cambiar o nome do centro de ensino polo do meu e, se é o caso, modificar un par de detalliños cantosos.
Todo parece encarrilado pero a adversa fortuna tamén xoga as súas cartas. Resulta que na programación que lle pasan inclúense referencias a algúns cursos nos que non se imparte a asignatura no centro do noso protagonista. Poñamos por caso e aclaremos: o documento que el manexa contén a programación de francés para 2º de bacharelato e no seu centro non vai haber francés en 2º de bacharelato.
Que facer? O obvio sería borrar o que sobra, pero este home non sabe cómo facelo. Despois de moito cavilar, decide solucionar o problema engadindo unha nota na que, xusto debaixo dos títulos das programacións das áreas que non existen, se especifica: "No caso de que se imparta algún día".
Hai que dicir que o protagonista desta historia demostrou unha rara capacidade, que é a de saber rirse de si mesmo, e autorizou a difusión da anécdota.

Comentario:
Típico comentario dos recén incorporados ó ensino que aínda non saben de que vai a movida... Xa irás espabilando e te irás enterando de como vai o asunto... Xa contarás. Hala! apertas
Comentario:
Exactamente, onde está o pecado? en copiar a programación ou en non saber borrar? O que estea libre de pecado que tire a primeira pedra (e isto creo que o dixo Xesucristo) Ser enxeñoso para sortear obstaculos pareceme unha virtude da que non todos poden presumir