Falabarato
Xa é sabido que o falar non ten cancelas...
Acerca de
A foto non é moi actual, pero é que en moitas cousas non cambiei desde aquela. É unha foto que me encanta pola cara que se lle queda a miña nai.
Sindicación
 
Teo (case) sacrílego


Igrexa parroquial de Santa María de Luou (Teo). Un exemplo de integración dun motel nun contexto relixioso. Aperturismo post-conciliar en estado puro.
Se o combo igrexa-motel te deixa con fame, a menos dun quilómetro atopas o Fogar do Santiso, arquicoñecido e sobrevalorado -é unha opinión- templo do enxebrismo.
Oes, xa que estamos en Teo non deixes de botarlle un ollo a este impresionante achádego que vai obrigar a reescribir a historia do cinema. Por certo, a recén descuberta estrela do celuloide -que ben agachado o tiña!- acaba de recibir unha nova distinción internacional.
 
Comentario:
Lin unha vez que os bos fotógrafos son os que VEN onde outros soamente MIRAN.E é que eu pasei tantas veces diante do sitio e nunca nada me chamou a atención, e agora que vexo a foto si ma chama.
A min quédame pena de que o indicador do motel non estea máis atrás, onde está o coche, pois daría lugar a equívocos e creo que algún había entrar na igrexa e non por fervor relixioso.
Agardamos pola seguinte entrega teense
 
Comentario:
Eu tamen prefiro o inferno. Xa sabes: os homes bos van ao ceo e os homes malos van a todas partes.
Iso si, faria unha paradinha para repostar no Fogar do Santiso.
 
Comentario:
Si que vin a túa homenaxe ao teense universal. Moi lograda, seguro que lle encanta.
Que saibas que me corroe a envidia: que non daría eu por poder acompañar a ese home nunha visita a ultramar! A miña fantasía é poder entrar con el algún día na sede da Interamerican University para asistir a ese momento de máxima emotividade que debe ser ver a súa foto colgada no pavillón -ou como se chame- de doctores honoris causa.
 
Comentario:
Un bo titular para a foto: ¿Ao ceo ou ao inferno? Eu, desde logo, ao inferno de cabeza. Xa viches, supoño, a miña homenaxe á estrela do celuloide... http://photos1.blogger.com/blogger/5115/825/1600/teopolis2.jpg
E pensar que estiven a piques de ir con el a Nova Iorque nunha ocasión para ver como desfilaba no desfile de la Hispanidad...
No