Pracer solitario

Un bo día o de onte, luns, para tomarlle o pulso ao outono e perderse, aínda que sexa por pouco tempo, no contorno do mosteiro de Carboeiro. Un bo día para achegarse amodiño, saboreando desde o coche a calma que parece invadilo todo, e aínda mellor para, xa fóra da burbulla motorizada, dar unha volta polos arredores do mosteiro baixo unha chovisquiña que, a pouco que te despistes, te cala ata a alma.
Matino, mentras me deixo arrolar por todos estes placeres, noutra abreviatura máis cabal da palabra mosteiro. Nada, non se me ocorre nada.
Comentario:
Neno! Estiveches nos meus dominios!!!
Comentario:
O cartel parece o titulo dunha cancion de gaita; "Me tiro liroliro...".
Eses paseos solitarios son unha cura marabillosa para a alma...e se chuvinha...nin che conto.
Eses paseos solitarios son unha cura marabillosa para a alma...e se chuvinha...nin che conto.
Comentario:
Pois tamén podía ser
Mstro
Mtro
Mro
Pero a verdade que é fácil rirse das novas ideas cando xa as vellas son pa partirse. En fin, adeus amigo e coidado cos pronomes.
Mstro
Mtro
Mro
Pero a verdade que é fácil rirse das novas ideas cando xa as vellas son pa partirse. En fin, adeus amigo e coidado cos pronomes.