Pensamento ...

Amencer de vida

Cando a soidade
invade o corazón,
sen ningunha razón
cólle-lo camiño a ningures
que agocha penumbra,
medo.
Ó que nunca chega un raio de sol
ou unha simple chama de vida . . .
Cando pérde-la esperanza
e pensas que nada vai cambiar
escoitas,con sorte,
o son dunha gota de auga ó caer,
o canto dos paxaros.
Nóta-la calor dunha vela acesa,
As forzas que precisas para continuar.
Ségue-la viaxe paso a paso,
colles un rumbo descoñecido
e deixas no olvido
a tristura que se agochaba detrás . . .
Case sen decatarte
albiscas ó lonxe
a luz que anhelabas,
o outro camiño que buscabas.
O latir dun corazón . . .
Un novo amencer . . .
A luz crebada

Soidade, ledicia,
berros no silencio que creban corazóns.
Dúas caras,
dúas ilusións.
As ilusións perdidas
que cren estar acendidas
pola vaga idea
dun encontro,
da luz ó fondo
dun aparente escuro fin.
As ilusións acendidas
que cren estar perdidas
por unha deixada rutina
que ten como fin a luz
dunha vela non acendida.
Unha ferida que segue
a corromper sen compaixón
a soidade dos moitos
que escoitan treme-las voces,
pola ilusión prendidas,
a carón dunha fogueira
de fouces cor olvido
con chamas apagándose
nunha triste despedida.
Ilusións que camiñan,
van sen rumbo fixo
e distáncianse nunha liña
que fire as vidas atopadas
e atopa as vidas feridas
para poder xuntalas
nun estraño soño
que semella un senvivir.
Qué fácil é
Estamos sepultando a nosa vida baixo a ignorancia e a prepotencia, baixo o deixalo estar. Se pensamos que as cousas son así e ninguén as pode cambiar estamos perdidos. Cada cousa ten a súa maxia e en lugar de apreciar iso empeñámonos en atopar outra para sentirnos superiores. E é a superioridade dalgúns a que leva a outros a calar por medo, sumisión, pereza ... cada quen é representante de si mesmo... cada vida, cada cultura, cada bágoa ten o seu valor. Ninguén, NINGUÉN conseguirá representar a un pobo. Porque un pobo é unha unión de persoas, persoas completamente distintas,con vidas que nin se cruzan e só estan unidas pola pertenza a un lugar, ou nin iso, porque a pertenza é realmente un sentimento... Hai quen se empeña en representar a un pobo baixo un anaco de tea, deberían desaparece-las bandeiras, usadas só polo goberno para facernos sentir superiores (outra vez..), para facernos sentir que formamos parte de algo... pero un anaco de tea non serve para nada... QUÉ DIFÍCIL É SOÑAR COA REALIDADE, CUNHA REALIDADE POLA QUE NON SE LOITA... QUE FACIL É SOÑAR CO QUE QUEREMOS... (SON UNHA SOÑADORA MÁIS, PERO SEMPRE DONA DE SÍ...)Só son soños...
SÓ SON SOÑOS ...
NOITE... Cae a noite no pensamento. NOITE... A escuridade afoga un berro que só algunhas cabezas oen. LUME... Arden as ideas se é que algún día as houbo. LUME... Quéimase a liberdade, a xustiza. CHUVIA... Móllanse os bosque prendidos pola desvergoña. CHUVIA... Caen gotas de dignidade. VENTO... Amáinase e vólvese simple aire o desengano. VENTO... Van e veñen correntes de vida e honestidade. TRONO... Rompe o silencio das vidas escuras. TRONO... A todo estrondo e tormento séguelle un raio de luz, de esperanza... MAR... Moitos perciven o que pasa pero só uns cantos fan algo, ¡ondeaxe! MAR... A ondeaxe amáinase, afógase. CALMA... Agora reina na noite. CALMA... Un reinado non representa a todos. DÍA... Respírase concordia, amabilidade. DÍA... Non se ven recunchos de hipocresía.
REALIDADE... Segue a noite, arde a dignidade, cae un leve orballo que non apaga o lume, nunca amainou ningún vento, silencio, non hai ondas na auga... Pero reina a calma... A calma da CONFORMIDADE
... PERO ALGÚN DÍA POIDA QUE NON