Quero verte

Desterro

Ogallá desterro só fose unha palabra xa desterrada da lingua. Pero Desterro foi mar de recordos naufragados pola tormenta dos sentimentos, e segue séndoo... Desterro é quen provoca esa bágoa que esvara pola meixela ó mostrar lembranzas da terra dun. Desterro é contradicción, é morte, é vida... Pero tamén é a esperanza producida por algo que non debera existir...
Buscando o perdido

Rodeada de mentiras
piadosas, despiadadas
Mentiras...
Finxindo sorrisos
doces, astutos
Sorrisos...
Facendo deste mundo
o verdadeiro inferno.
Separando o real do ficticio.
Buscando o norte,
anhelado paraíso,
aparente paraíso...
Soidades e medos,
miradas sarcásticas,
poderosos impasibles,
inocentes infelices
levando ás súas espaldas
as desgazas
da inxusta democracia.
Buscando o ceo ... intocable
Buscando unha saída ... inexistente
Perseguindo os soños ... imposibles
Sen rumbo, buscando o perdido.
Nada é real ...
Todo o que se ve depende de cómo o mires, de cómo queiras velo. A luz... Algo pode pasar a ser simple sombra, escravo do sol modificado ó antollo dos seus raios. Pero non por iso deixa de ser...
É unha silueta, pero só ante os teus ollos. Eu vexo luz, escuridade, beleza... así o quero ver... así o vin porque a verdadeira imaxe estaba máis alá dos meus ollos... NADA É REAL ...

É unha silueta, pero só ante os teus ollos. Eu vexo luz, escuridade, beleza... así o quero ver... así o vin porque a verdadeira imaxe estaba máis alá dos meus ollos... NADA É REAL ...

EZLN

"Libertad y justicia para todos: los muertos de antes y de mañana, los vivos de hoy y de siempre" (Subcomandante Marcos)





