logotipo

img_google
DENDE OS MEUS OLLOS
Fotos, debuxos, escritos...Todo pode se-lo que ti queiras se o ves a través dos teus ollos
Acerca de
Son Uxía, galega, de A Coruña e teño 16 anos.En canto a libros gústame moito Saramago e na música o meu cantante favorito é Manu Chao e os meus grupos son Ska-P e Extremoduro. Se alguén quere pode escribirme a galicia_tropikal@hotmail.com Uxiki
Sindicación
 
Cámbiome de sitio
Marcho para outro lado ... agora estou aquí .... www.dendeosmeusollos.es.vg (http://www.diariogratis.com/3512 , por se a outra falla) aínda que seguirei poñendo algunha cousa neste blog
 
Ilusións de tempos mortos


Érguete do teu escuro leito de inquedanzas ...

Berra, berra e fai que a túa voz
resoe en cada recuncho,
que entre na alma das árbores,
que rompa a desolación da terra.

Dos homes de pedra
fai area fina e clara,
fai da vida a morte da soidade.

Une os teus pensamentos ós do vento
e sente que os seus sopridos
abanean o teu espírito,
que a confusión son só nós
de auga limpa
enguedellados polo destino.

Bate, bate nas dúbidas
coma as ondas do mar na beira
e desfaite en escuma de esperanza
para volveres ser ti
e atoparte de novo nun todo.

Loita, loita contra a eternidade
e fai do infinito un segundo,
da realidade un espello opaco ....
Refléxate nela, ¿que ves?
Nada, son soños.

Chora, porque as bágoas son auga de vida
que alimentan a consolación,
fertilizan o camiño do tempo
e dan crenza ás feridas
das mans escravas.

Réndete ante o son dunha gargallada,
ante o orballo que esvara polas follas,
ante cada raio que acariña o teu rostro,
ante cada momento de inquietude
e de resposta doce ou agria.

Sente o roce áspero da amargura,
as queimaduras provocadas pola paixón,
a suavidade dun agarimo,
a desaparición da última chama de vida
que latexa desesperadamente.

Escurece coa posta do sol
e desfruta da noite da razón
porque só cando ela dorme
comeza a luz,
comeza o vento,
comeza a auga,
comeza a vida,
remata a morte.