logotipo

img_google
DENDE OS MEUS OLLOS
Fotos, debuxos, escritos...Todo pode se-lo que ti queiras se o ves a través dos teus ollos
Acerca de
Son Uxía, galega, de A Coruña e teño 16 anos.En canto a libros gústame moito Saramago e na música o meu cantante favorito é Manu Chao e os meus grupos son Ska-P e Extremoduro. Se alguén quere pode escribirme a galicia_tropikal@hotmail.com Uxiki
Sindicación
 
Só son soños...
SÓ SON SOÑOS ...

NOITE... Cae a noite no pensamento. NOITE... A escuridade afoga un berro que só algunhas cabezas oen. LUME... Arden as ideas se é que algún día as houbo. LUME... Quéimase a liberdade, a xustiza. CHUVIA... Móllanse os bosque prendidos pola desvergoña. CHUVIA... Caen gotas de dignidade. VENTO... Amáinase e vólvese simple aire o desengano. VENTO... Van e veñen correntes de vida e honestidade. TRONO... Rompe o silencio das vidas escuras. TRONO... A todo estrondo e tormento séguelle un raio de luz, de esperanza... MAR... Moitos perciven o que pasa pero só uns cantos fan algo, ¡ondeaxe! MAR... A ondeaxe amáinase, afógase. CALMA... Agora reina na noite. CALMA... Un reinado non representa a todos. DÍA... Respírase concordia, amabilidade. DÍA... Non se ven recunchos de hipocresía.

REALIDADE... Segue a noite, arde a dignidade, cae un leve orballo que non apaga o lume, nunca amainou ningún vento, silencio, non hai ondas na auga... Pero reina a calma... A calma da CONFORMIDADE

... PERO ALGÚN DÍA POIDA QUE NON
No