Qué fácil é
Estamos sepultando a nosa vida baixo a ignorancia e a prepotencia, baixo o deixalo estar. Se pensamos que as cousas son así e ninguén as pode cambiar estamos perdidos. Cada cousa ten a súa maxia e en lugar de apreciar iso empeñámonos en atopar outra para sentirnos superiores. E é a superioridade dalgúns a que leva a outros a calar por medo, sumisión, pereza ... cada quen é representante de si mesmo... cada vida, cada cultura, cada bágoa ten o seu valor. Ninguén, NINGUÉN conseguirá representar a un pobo. Porque un pobo é unha unión de persoas, persoas completamente distintas,con vidas que nin se cruzan e só estan unidas pola pertenza a un lugar, ou nin iso, porque a pertenza é realmente un sentimento... Hai quen se empeña en representar a un pobo baixo un anaco de tea, deberían desaparece-las bandeiras, usadas só polo goberno para facernos sentir superiores (outra vez..), para facernos sentir que formamos parte de algo... pero un anaco de tea non serve para nada... QUÉ DIFÍCIL É SOÑAR COA REALIDADE, CUNHA REALIDADE POLA QUE NON SE LOITA... QUE FACIL É SOÑAR CO QUE QUEREMOS... (SON UNHA SOÑADORA MÁIS, PERO SEMPRE DONA DE SÍ...)




