logotipo

img_google
DENDE OS MEUS OLLOS
Fotos, debuxos, escritos...Todo pode se-lo que ti queiras se o ves a través dos teus ollos
Acerca de
Son Uxía, galega, de A Coruña e teño 16 anos.En canto a libros gústame moito Saramago e na música o meu cantante favorito é Manu Chao e os meus grupos son Ska-P e Extremoduro. Se alguén quere pode escribirme a galicia_tropikal@hotmail.com Uxiki
Sindicación
 
A luz crebada

Soidade, ledicia,
berros no silencio que creban corazóns.
Dúas caras,
dúas ilusións.

As ilusións perdidas
que cren estar acendidas
pola vaga idea
dun encontro,
da luz ó fondo
dun aparente escuro fin.

As ilusións acendidas
que cren estar perdidas
por unha deixada rutina
que ten como fin a luz
dunha vela non acendida.

Unha ferida que segue
a corromper sen compaixón
a soidade dos moitos
que escoitan treme-las voces,
pola ilusión prendidas,
a carón dunha fogueira
de fouces cor olvido
con chamas apagándose
nunha triste despedida.

Ilusións que camiñan,
van sen rumbo fixo
e distáncianse nunha liña
que fire as vidas atopadas
e atopa as vidas feridas
para poder xuntalas
nun estraño soño
que semella un senvivir.
No