logotipo

img_google
DENDE OS MEUS OLLOS
Fotos, debuxos, escritos...Todo pode se-lo que ti queiras se o ves a través dos teus ollos
Acerca de
Son Uxía, galega, de A Coruña e teño 16 anos.En canto a libros gústame moito Saramago e na música o meu cantante favorito é Manu Chao e os meus grupos son Ska-P e Extremoduro. Se alguén quere pode escribirme a galicia_tropikal@hotmail.com Uxiki
Sindicación
 
Amencer de vida

Cando a soidade
invade o corazón,
sen ningunha razón
cólle-lo camiño a ningures
que agocha penumbra,
medo.
Ó que nunca chega un raio de sol
ou unha simple chama de vida . . .

Cando pérde-la esperanza
e pensas que nada vai cambiar
escoitas,con sorte,
o son dunha gota de auga ó caer,
o canto dos paxaros.
Nóta-la calor dunha vela acesa,
As forzas que precisas para continuar.

Ségue-la viaxe paso a paso,
colles un rumbo descoñecido
e deixas no olvido
a tristura que se agochaba detrás . . .

Case sen decatarte
albiscas ó lonxe
a luz que anhelabas,
o outro camiño que buscabas.
O latir dun corazón . . .
Un novo amencer . . .
No