<link><![CDATA[http://blogs.ya.com/dendeosmeusollos/c_17.htm]]></link><description><![CDATA[Marcho para outro lado ... agora estou aquí .... www.dendeosmeusollos.es.vg (http://www.diariogratis.com/3512 , por se a outra falla) aínda que seguirei poñendo algunha cousa neste blog
Érguete do teu escuro leito de inquedanzas ...
Berra, berra e fai que a túa voz
resoe en cada recuncho,
que entre na alma das árbores,
que rompa a desolación da terra.
Dos homes de pedra
fai area fina e clara,
fai da vida a morte da soidade.
Une os teus pensamentos ós do vento
e sente que os seus sopridos
abanean o teu espírito,
que a confusión son só nós
de auga limpa
enguedellados polo destino.
Bate, bate nas dúbidas 
coma as ondas do mar na beira
e desfaite en escuma de esperanza
para volveres ser ti 
e atoparte de novo nun todo.
Loita, loita contra a eternidade
e fai do infinito un segundo,
da realidade un espello opaco ....
Refléxate nela, ¿que ves?
Nada, son soños.
Chora, porque as bágoas son auga de vida
que alimentan a consolación,
fertilizan o camiño do tempo
e dan crenza ás feridas 
das mans escravas.
Réndete ante o son dunha gargallada,
ante o orballo que esvara polas follas,
ante cada raio que acariña o teu rostro,
ante cada momento de inquietude
e de resposta doce ou agria.
Sente o roce áspero da amargura,
as queimaduras provocadas pola paixón,
a suavidade dun agarimo,
a desaparición da última chama de vida
que latexa desesperadamente.
Escurece coa posta do sol
e desfruta da noite da razón
porque só cando ela dorme
comeza a luz,
comeza o vento,
comeza a auga,
comeza a vida,
remata a morte.
<link><![CDATA[http://blogs.ya.com/dendeosmeusollos/c_15.htm]]></link><description><![CDATA[Doeme a cabeza pola desorde que son consciente que teño nela pero teño a esperanza de que algún día aclararei as miñas ideas. Agora baseo todo nunha esperanza, porque... que fago eu se non esperar? Esperar que todo saia ben, que este futuro incerto non sexa certo e que todo teña unha explicación... Que a vida que me queda que non sei cánta é estea unida a ese soño imposible, a esa utopía indesexable, a ese espectro. E esperarei sempre, porque o que quero non é posible.
Pechei a porta da miña alma a todo aquel que quixo ver o que hai realmente nela. O que os meus cren realidade é só un invento, algo que teño medo de acabar crendo eu tamén. Pero, ¿crendo que? Realmente penso que xa non creo nada. Vagar de pensamentos na miña mente e no meu corpo... vagar de ideas que xa se esfumaron. Ideais aínda non perdidos, porque a pesar de todo sigo sendo fiel ós meus principios. Entón, poida que algo crea...
¿Está moi lonxe o infinito? Non, eu atopeino alá onde están os soños. Porque os soños son infinitas esperanzas... ou esperas infinitas...
Pasa o tempo. Tempo, gran error, equívoca invención do home no seu afán de poder controlar algo máis. Agora é o home quen está sometido ó tempo, controlado por algo que nin sequera existe. Triste camiño o que seguimos as persoas ... vivir, pero se apenas hai tempo...
<link><![CDATA[http://blogs.ya.com/dendeosmeusollos/c_14.htm]]></link><description><![CDATA[A veces non vexo ningunha saida e estou esgotada, métome na música e nas súas letras, evádome, pero á fin non serve de nada: falan da realidade, dunha realidade que non é a miña. Hai un camiño pero está moi lonxe, quizáis sexa só cuestión da perspectiva que eu lle dou. As nosas vidas son como liñas paralelas: xúntanse no infinito. Atopareite daquela un día destes. Porque sei que cando morra quedarei a medio camiño, no ceo non me van querer e tampouco é cuestión de meter nun compromiso ó demo ... Faime un favor, espérame alí, onde queira que esteas, sempre, sempre, eternamente. Buscareite, non te preocupes, e non descansarei ata atoparte. Ei, ti, intruso lector dos meus pensamentos, que cres que fas agora senon le-la miña mente? Pode que os meus pensamentos para ti so sexan paranoias pero non importa, a min tamén mo parecen... 
Ogallá desterro só fose unha palabra  xa desterrada da lingua. Pero Desterro foi mar de recordos naufragados pola tormenta dos sentimentos, e segue séndoo... Desterro é quen provoca esa bágoa que esvara pola meixela ó mostrar lembranzas da terra dun. Desterro é contradicción, é morte, é vida... Pero tamén é a esperanza producida por algo que non debera existir...]]></description><author><![CDATA[Uxía Pérez Vales]]></author></item><item>
Rodeada de mentiras
piadosas, despiadadas
Mentiras... 
Finxindo sorrisos 
doces, astutos
Sorrisos...
Facendo deste mundo
o verdadeiro inferno.
Separando o real do ficticio.
Buscando o norte,
anhelado paraíso,
aparente paraíso...
Soidades e medos,
miradas sarcásticas, 
poderosos impasibles,
inocentes infelices 
levando ás súas espaldas
as desgazas
da inxusta democracia.
Buscando o ceo ... intocable
Buscando unha saída ... inexistente
Perseguindo os soños ... imposibles
Sen rumbo, buscando o perdido.
<link><![CDATA[http://blogs.ya.com/dendeosmeusollos/c_9.htm]]></link><description><![CDATA[Todo o que se ve depende de cómo o mires, de cómo queiras velo. A luz... Algo pode pasar a ser simple sombra, escravo do sol modificado ó antollo dos seus raios.  Pero non por iso deixa de ser... 
É unha silueta, pero só ante os teus ollos.  Eu vexo luz, escuridade, beleza... así o quero ver... así o vin porque a verdadeira imaxe estaba máis alá dos meus ollos... NADA  É REAL ...
"Libertad y justicia para todos: los muertos de antes y de mañana, los vivos de hoy y de siempre" (Subcomandante Marcos)