Nós

Isto pode máis que nós
mais os dous somos incapaces de velo
vendemos bicos coma se estivesen de rebaixas
retorcemos con berros a dor,
mentres nos revalgamos sobre ela
coma se fose un doce colchón.
Mais xa esquecemos
promesas e xuramentos
deses que se compran en todo a cen,
deses que criamos xuntos.
Sentimentos abortivos,
que magoa esquecelos!
desfariñados aquí e acolá
perdidos nun “eterno” camiño
Doe, magoa e agarima
agarimo a dor con mais dor
magoo os agarimos con aloumiños
xa non son capaz de distinguir
mais si, mesturo e confundo todo.
TESTAMENTO DO GHEBO
O día en que eu me perda no Calexón de Núñez,
chimpádeme unhas cascas de manises no Náutico.
O día en que eu me vaia no Nautilus, avante,
polo mare de Rande cara as lamas máis últimas,
levai camelias murchas á taberna de Armando.
O día en que eu naufrague nos furanchos de antano,
que no Bar Abanico latrique a pianola.
Que me choren con fados e cántigas canallas
os chaíñas e os ghichos que me fixeron punto
con chavalas curriñas no baile das Cabañas.
Cando eu rache a paipa, como fixo Brassens,
e deixe á descendencia as zapatillas vellas,
que coman caldeirada de pata-roxa todos
os amigos, na Anguila, con raiba encantadora.
O día en que, de súpeto, onda as Almas Perdidas,
eu pille ese tranvía fantasma que nos leva
aos bébedos, na néboa, aos solares de tras,
lembrádevos de Chambi, Martinico, o Chinito,
e a boca se vos encha de pirulí e barquillo,
e que ninguén me faga pranto de cascarilla
cando eu estire a pata nesta cidade estrépito
e poñan no meu texto: “fechou por defunción”.
Bailame el agua
Últimamente acordanme cousas raras. Este non é un gran poema, pero é dese tipo de cousas que para min ten un significado especial.

Bailame el agua
untame de amor y outras fragancias de tu jardín secreto
sácame de quicio
hazme sufrir
llename de vida
librame de mi estigma
llamame tonto
olvida todo lo que haya podido decirte hasta ahora
no me arrastres
no me asustes
vete lejos pero no sueltes mi mano
empecemos de nuevo
toca mis ojos
nota la textura del calor
por cuanto te vendes
deja que te invite a un café
caliente y sin azúcar
sin aliento.

Bailame el agua
untame de amor y outras fragancias de tu jardín secreto
sácame de quicio
hazme sufrir
llename de vida
librame de mi estigma
llamame tonto
olvida todo lo que haya podido decirte hasta ahora
no me arrastres
no me asustes
vete lejos pero no sueltes mi mano
empecemos de nuevo
toca mis ojos
nota la textura del calor
por cuanto te vendes
deja que te invite a un café
caliente y sin azúcar
sin aliento.
Seda

A pequena historia de Seda supuxo un notable éxito internacional para o italiano Alessandro Baricco- a quen tal vez recorden por ser tamén o pai literario de Novecento, aquel pianista sobre o océano- e chega agora á nosa lingua nunha preciosa edición da que se encarga a recén inaugurada Rinoceronte, proxecto editorial nacido coa vontade de cubrir o espazo correspondente á tradución de obras contemporáneas, que na nosa literatura se vía, ata hai ben pouco, practicamente abandonado.
Hervé Joncour, protagonista deste relato ambientado no século XIX, leva unha apacible existencia nunha pequena vila francesa, Lavilledieu, onde reside coa súa muller Helène. Por iniciativa do comerciante Balbidou, Hervé Joncour entra no negocio dos vermes de seda, feito que será o punto de partida de toda a historia e das súas peripecias vitais e sentimentais. Diferentes viaxes comerciais levarán ao burgués ata as misteriosas terras de Xapón, onde o descubrimento da beleza, encarnada nunha fermosa muller á que non pode alcanzar, marcarán profundamente o burgués e o seu matrimonio. Á volta desta viaxe Hervé Joncour nunca volverá ser o mesmo.
Dz ou esperma
Baixo o misterioso e provocador título de dz ou o libro do esperma, Samuel Solleiro achéganos o seu segundo libro, constituído por un grupo de relatos fiados a través dun mesmo motivo recorrente: o sexo, ese animal teimudo que protagoniza as nosas vidas e fai rodar o mundo. O propio autor recoñece que é intención das narracións ‘problematizar e mesmo anular o concepto de masculinidade’, e certamente podemos atopar unha progresión no tratamento do tema, que culmina nas últimas páxinas coa dureza da mutilación.Valéndose dunha narración áxil, cunha ironía encantadora e referencias que van dende o literario ao musical, pasando por iconas xeracionais como a televisión ou o cine, Samuel constrúe un narrador que consegue arrastrarnos á lectura da páxina seguinte, que establece unha complicidade extrema co lector, e esboza retratos de personaxes cotiás e urbanos, os cales se ven envoltos en historias de corte case surrealista. Aínda máis, dz ou o libro do esperma é quen de sorprendernos, polas súas imaxes, pola súa expresión, que ás veces roza o poético, e polo emprego, comedido, de diferentes recursos de hipertextualidade que completan a narración.
Sen dúbida unha lectura agradecida, desas que divirten e acompañan, que cunden. Desas que cando rematas pensas en chamar ao autor e dicirlle que escriba máis.
Os meus zapatos

Aqueles meus zapatos que noutrora
foran lustrosos, húmidos un día
de tanto andaren sós, sen alegría,
amolecendo bóchegas cadora,
aqueles meus zapatos, na aurora
mollados de amargor, da dor máis fría,
e gastados de insán melancolía,
xa son zapatos novos arestora,
deron en recobrar o brillo antigo
ao queceren no lume permanente
das mans pequenas, fráxiles, inmensas,
poderosas no amor, no seu abrigo,
aqueles meus zapatos, de repente,
descubriron as cousas más intensas.
O meu querido Catulo!
Viuamus, mea Lesbia, atque amemus,
rumoresque senum seueriorum
omnes unius aestimemus assis.
Soles occidere et redire possunt:
nobis, cum semel occidit breuis lux,
nox est perpetua una dormienda.
Da mi basia mille, deinde centum,
dein mille altera, dein secunda centum,
deinde usque altera mille, deinde centum.
Dein, cum milia multa fecerimus,
conturbabimus illa, ne sciamus,
aut nequis malus inuidere possit,
cum tantum sciat esse basiorum.