Blogs.ya.com Quitar publicidad
A arte é unha arma cargada de futuro.
Sindicación
 
O CARTAFOL DO VENTO

O VENTO perdeu as follas
do seu cartafol
-esas que os chuvascos
mecanógrafos
tecolean no manual dos mastros?

As gavotas non teñen quitasol
pero fan raudos equilibrios
polo aramio transparente
de tódalas ortodrómicas do ceo

O pailebote sin velas
-Serán esas que o vento
levou no seu cartafol?
Tamén fai equilibrios no ronsel

Ca boca aberta
-caille a baba-
está mirándonos o babión do Sol.


A Manuel Antonio, foi a quen lle roubei as "foulas" do meu blog.
 
Carapuchiña. Versión oral (Darnton, 1984) La Fiaba della nonna


Éra unha vez unha muller que fixera o pan, e díxolle á súa meniña:
"Vaite levar unha boa bola quente e unha botella de leite á avoa"
A nena púxose inmediatamente en marcha. Nun cruce atopouse co lobo, o que lle dixo: "A onde vas?"
"Levo unha boa bola quente e unha botella de leite a miña avoa"
"Que camiño tomas?", preguntou o lobo. "O das agullas ou o das alfileres"
"O das agullas" respondeu a meniña
"Ben, eu tomo o das alfileres"
A nena gozou collendo agullas; e o lobo chegou á casa da avoa, matouna, puxo un pouco da súa carne na artesa e unha botella de sanguen xunto o fregadeiro. A nena chegou e golpeou a porta.
" Abre a porta" dixo o lobo "Está cerrada cun puñado de palla mollada"
"Bos días, avoa, trouxenche unha boa bola quente e unha botella de leite"
"Pona na artesa, miña nena. Colle un pouco da carne que está alí dentro e unha botella de viño que está o carón do fregadeiro"
Mentras comía unha gatiña dicía: " Puff! Que porca, come a carne e bebe o sangue da avoa"
" Desvístete, miña nena" dixo o lobo " e métete na cama o meu carón"
"Onde poño o mandil?"
"Botao ao lume, miña nena, xa non o precisas"
E para cada prenda, o xustillo, o vestido, a saia e as medias, a nena preguntaba onde os poñía , e o lobo respondialle " Botaos ao lume miña nena, xa non os precisas"
Cando a nena se meteu na cama, dixo:
"Oh!!!! Avoa que peluda eres!"
"É para quentarme mellor, miña nena!"
"Oh!!! Avoa que unllas tan longas tes!"
"É para rascarme mellor, miña nena!"
"Oh!!! Avoa que hombreiros tan grandes tes!"
"É para levar mellor os toros de leña, miña nena!"
"Oh!!! Avoa que orellas tan grandes tes!"
"É para oirte mellor, miña nena!"
"Oh!!! Avoa que nariz tan grande tes!"
"É para cheirar mellor o tabaco, miña nena!"
"Oh!!! Avoa , que boca tan grande tes!"
"É para comerte mellor, miña nena!!!!!"
E comeuna.