O xogo da guerra
Botaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron trampa, pero calei. Díxome o Rata: "Vai". Eu non queía ir, digo a verdá. Pero cando o Rata decía vai, había que ir. O Rata estaba tolo, según miña nai. Pero eu penso que non estaba tolo, que era atravesado e de mala lei. "Vai", dixo outra vez, e fun. A casa de don domingo quedaba lonxe. Algo así coma dous quilómetros. Tiven que dar un rodeo para non pasar por diante da zapatería de meu pai. Pensei: Escapo pra casa e xa está. Pero collín medo. Ademáis facía calor e na casa no vrau non se para cas moscas.
Cheguei ó chalet de don Domingo e berrei:
- Zalo...
Ladraron os cás. Agardei un pouco e volvín chamar:
- Zalo...
CAndo apareceu, deseguida me din conta de que viña de durmir a sesta. Díxome: " Que pasa?". Eu díxenlle: O Rata agárdate no río. Cazou unha volvoreta moi bonita. Di que vaias, que cha dá pra colección. O Zalo era tolo polas volvoretas. I o Rata, que cabrón, como lle sabía dar gusto á xente.
- Onde está o Rata?
- No campo da bomba
Saímos correndo. Cando chegamos, o Rata estba no río, bañándose. Ó nos ver saiu. Mirou a Zalo con cara de atravesado e díxolle:
- Ola, queres a volvoreta?
O Zalo volveuse cara min preguntando. A verdá eu non quería. O Rata asubiou i entre todos botáronse ó Zalo. Espírono e atárono a un amieiro. O Zalo choraba i a min déronme ganas de chorar. Eso non se lle fai a ningué e menos a traición. O Rata chuspiulle alí, naquil sitio e chamulle caguetas.
- Non se chora- dixo
Despois colleu un bimbio e pasoullo polas pernas e pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ó río, pero o Rata miroume así, como mira il, e collín o bimbio. "Veña" Díxenlle que non. "Mira Rafael que che tocou en sortes" Díxenlle que non. "Mira Rafael que te imos atar a ti" "Non" " Mira Rafael, non me enchas" "Mira Rafael..."
Pola voz souben que me ía dicir o de miña nai. Agarrei o bimbio e funme cara Zalo. Eu non quería, ben o sabe Dios. E dinlle no pescozo. Os outros berraron "Máis" Trinquei os dentes en sentín que me baixaban as bágoas polos ollos e que non vía. E dinlle nas pernas, nos hombreiros, na cara, no peito. Sangraba e berraba. I os outros decían máis (...)Sangraba por todas partes e comíano as moscas. Estaba coma morto. Non falaba. O Rata i os outros fuxiron. Eu tamén fuxín.
Eu non quería digo a verdá.
Agora estou niste colexio. Aqui levo un ano. É primavera e non podo sair. Ó millor saio pa xulio. Onte leváronme á sala de castigos. Cada vez que me ven soilo, lévanme á sala de castigos. Dinme que non se pode andar soilos, que hai que xogar. Tampouco se pode andar de dous en dous. A puta que os pariu a todos. Eu quero andar soilo para pensar. A min non me gusta xogar ó futbol nin ó frontón. Gústame xogar no labavo. E non se pode. Pero pola noite, cando todos durmen, érgome vou ós labavos e xogo á guerra. Polo día collo moscas e gárdoas nunha caixa de mixtos. Pola noite meto as moscas na pileta i ábrolle ó grifo, pouquiño a pouco, paseniño. As moscas suben, fuxen pola pileta enriba, pero eu doulles pa baixo cunha palliña i afogan.
É a guerra. Afogan pouco a pouco. É o xogo da guerra. Un día colléronme e leváronme á sala de castigos. E chamárionme marrau por andar cas moscas nas maus. E que? Si non fora pola guerra podrecería de noxo. No inverno, como aínda non había moscas, xogaba con cachiños de papel, pero non é tan bonito.
Pra xulio din que saio. O Rata o millor pensa que me esquecín. Estache bó. Ai, Rata! Estache bó! Ai, Rata! "Ves ó río?!" El ven que lle gusta moito. "Xogamos ós submarinos?" El xoga que lle gusta moito. Primeiro paso eu. Paso duas ou tres veces. Despois que pase il. Eu escarranchome e el pasa debaixo da auga entre as miñas pernas. I así duas ou tres veces máis para que se confíe. Pouquiño a pouco, paseniño. Paeniño. I entón, ala, cando pase pecho as pernas e queda preso polo pescozo. Pouquiño a pouco, paseniño. Coma as moscas na pileta.
VENTO FERIDO. Carlos Casares

Dende a fiestra da torre.
Tócalle a vez a Castelao.
Dende a fiestra da torre a condesiña ten os seus ollos chorosos
enfiados na derradeira revolta do camiño, por onde un día fuxen a súa ledicia de namorada. Co verme dos ciumes rillándolle o corazón, a condesiña vai morrendo pouquiño a pouco na fiesta da torre.
E pasan días e meses e anos, esculcando no camiño a volta do seu amor. E nun serán de pensamentos velaíños, relembrando aquel bico que se deron a furto, a condesiña belida morreuse de amor.
Velaí como contan as xentes a morte da namorada.
Este sartego encerra dende hai centos de anos as cinzas da malfadada condesiña, e a lenda que se conta de vellos a mozos colleu pulo sentimental no moimento de pedra, hucha misteriosa para tódolos espíritos románticos.
Unha vez foi aberto polos "intelectuales" da vila e dentro atoparon ósos, retrincos de lenzo, po e...carabuñas de cereixas para encher dúas cuncas.
Por certo que o médico, home de moitos anteollos e de moita caspa na chaqueta, díxolle ó boticario:
-A condesiña do que morreu foi dunha enchente de cereixas....
Hai homes que non saben calar.