Blogs.ya.com Quitar publicidad
A arte é unha arma cargada de futuro.
Sindicación
 
Partigo Galeguista
Estas eleccións municipais poidemos ver como aparecían en moitos dos nosos concellos, un partido chamado Partido Galeguista.
Na miña opinión é bastante grave roubarlle o nome ao Patido de alguén tan ilustre e tan respectado coma Castelao, para máis quererse por a altura deste gran home... Se lle preguntamos a calquera dos seus integrantes nin sequera serían capaces de citarnos dúas obras seguidas dese autor.

Aqui van algunhas frases deste ilustre escritor, e pido por favor que deixen de violar e de degradar o nome do Partido Galeguista.

"Estamos fartos de ser unha colonia, e por moitas ventaxas que nos oferecese unha nova colonización queremos ditar leis para gobernarnos por elas, sen inxerencias alleas".

"En nome de Hespaña fala o seu Goberno lexítimo ou fala un gran hespañol; pero en nome de Galiza falará Galiza. Estamos fartos de imperialismos".

"Eu dígovos que os galegos sóio impoñeremos respeito cando se nos considere capaces de tronzar os vencellos que nos xunguen a Hespaña e cando nós mesmos deprendamos a vivir con absoluta independencia dos hespañoes".










 
Letras Galegas 2007 María Mariño




A MORTE


De forte ollar, amiga,

e frío que non se quenta.

Amiga, que eres de todos

e por ninguén esquecida.



Soia con teu silencio

na forza do teu poder,

un por un de cada ser

levas do fin ó comenzo,

descansar á túa fonte.

...................................................

E logo de alí cansiños,

amiga, dinos pra onde?



Deixa, amiga, ós nosos pés,

fríos polo teu ver,

algo do noso sentir,

do són que ti fas fuxir,

amiga, por aquil nacer...


-Por fin o día das Letras Galegas dedicado a unha muller!!!-